Cardeñosa será o segundo adestrador e Sergio Castiñeiras o preparador físico da SD Compostela

8 de Xullo de 2022
  • O técnico da Pobra regresa ao club, onde xogou dúas tempadas, tras unha gran campaña no filial
  • O preparador físico, ligado a Fabiano en varias etapas da súa traxectoria, regresa ao Compos, onde foi adestrador de porteiros
  • Ambos conformarán o corpo técnico de Fabiano

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2022

A SD Compostela 22/23 vai collendo forma. O proxecto compostelanista, que estará liderado por Fabiano dende o banco, contará tamén no corpo técnico con outros dous homes que coñecen moi ben a casa: Cardeñosa será o segundo adestrador e Sergio Castiñeiras o preparador físico.

Por unha banda, José Manuel Rodríguez Casais ‘Cardeñosa’ regresa ao primeiro equipo da SD Compostela tras unha extraordinaria campaña no Sigüeiro. Co filial, o técnico da Pobra superou todas as expectativas, loitando polo ascenso a Terceira RFEF, demostrando as súas grandes calidades nos bancos.

Anteriormente, desenvolvera a súa carreira como adestrador nas categorías inferiores do Puebla FC e do CD Boiro, saltando a sénior no SD Abanqueiro, conxunto que actuaba como filial do cadro de Barraña. Ademais, como futbolista, Carde pasou por equipos como o Céltiga FC, CD Boiro, Arousa SC, SD Compostela e, de novo, CD Boiro. Nas súas dúas campañas na capital galega disputou un total de 59 encontros, sendo eixo capital da zaga branquiazul e logrando un título de Liga, así como a disputa do playoff de ascenso.

Pola súa banda, o compostelán Sergio García Castiñeiras tamén regresa ao Compos, debido a que actuou como adestrador de porteiros durante dous cursos: 08/09 e 09/10. A maiores, a súa traxectoria no mundo do fútbol estivo moi vinculada a Fabiano, co que volverá coincidir. Con el estivo no Estoril Praia de Portugal (adestrador de porteiros) e no Jeonnam Dragons de Corea (preparador físico).

A maiores, tamén foi adestrador de porteiros no Boiro (dúas tempadas) e no Al Rayyan SC de Qatar (2021), mentres que como PF acumula experiencias no Santiago Xuvenil de División de Honra, no East Riffa de Bahrein, así como no citado equipo coreano.

Xuntos, con Fabiano, conformarán un corpo técnico de garantías e moito nivel para liderar o proxecto da SD Compostela 2022/23 na Segunda RFEF.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 days ago

SD Compostela
Feliz Día das #LetrasGalegas2025Unha lingua, unha cultura e unha identidade propias que nos identifican 🩵🤍Este ano está dedicado ás cantareiras, e por iso queremos compartir a serie documental 'Se canto é porque quero' da Real Academia Galega 🎥 academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-1730767 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 days ago

SD Compostela
BONOS CORAZÓN COMPOSTELA 2025 🩵🤍👉 Mañá, ás 9.30 horas, ábrese o prazo para adquirir os Bonos Corazón🙌 Poderás utilizalos na nosa TENDA OFICIALCada persoa pode descargar ata 3 bonos de 50€ (IVE incluído), cofinanciados nun 40% polo Pazo de Raxoi Dispoñibles ata o 16 de xuño ou ata esgotar o saldo➕ℹ️ en bonoscorazoncompostela.gal#tendaoficialcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
Sempre nas boas. Sempre nas malas. Sempre Compos 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/05/sempre-nas-boas-sempre-nas-malas-sempre-compostela/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.