Jorge Cano, polivalencia e experiencia para o ataque da SD Compostela

24 de Xullo de 2022
  • O extremo coruñés procede do Bergantiños e firma por unha tempada

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2022

Jorge Cano Bermúdez de Castro (A Coruña, 04/07/90) é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 2022/23. O experimentado atacante coruñés, cunha ampla traxectoria no fútbol galego, chega dende o Bergantiños, equipo co que disputou os catro últimos cursos, e firma por unha campaña.

Ademais de pola súa dilatada carreira na Segunda División B e Terceira, cun gran rendemento nos equipos polos que pasou, Cano destaca pola súa enorme polivalencia en toda a fronte do ataque, podendo actuar tanto en ambas bandas como de dianteiro. Así mesmo, posúe un gran xogo aéreo e capacidade goleadora, calidades todas elas que levaron á dirección deportiva do club a afrontar a súa incorporación.

No que respecta a súa traxectoria deportiva, o novo xogador branquiazul acumula 120 partidos no Grupo 1 da Segunda B, aos que suma 32 encontros na nova Segunda RFEF. A maiores, tamén conta ás súas costas cunha bagaxe de 268 duelos disputados na Terceira División.

Por tempadas, Cano comezou a destacar nas filas do Atlético Montañeiros, con tres cursos na división de bronce do fútbol nacional. Posteriormente, pasaría un ano polo Fabril e dous no Cerceda, todos eles en Terceira. A seguir, ficharía polo Boiro, onde estivo tres campañas, logrando un ascenso a Segunda B. Por último, os catro últimos anos estivo no Bergantiños, alcanzando tamén un salto de categoría e sendo unha peza capital do equipo cada tempada.

Pola súa banda, no que se refire á súa faceta goleadora, leva 21 goles entre Segunda B e Segunda RFEF, así como 85 en Terceira, estatísticas que tentará incrementar na súa etapa na capital galega.

Coa súa incorporación, a SD Compostela 22/23 de Fabiano conta agora con quince xogadores con contrato: Pato Guillén, Borja Rey, Roque, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Damián Canedo, Martín Salvador, Pablo Antas, Samu, Mario, Fer Beltrán, Jordan, Cano, Parapar e Pablo Durán.

O atacante sumarase aos adestramentos o vindeiro martes, no regreso do equipo ao traballo dentro da segunda semana de pretempada.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Centro de Deportes Barco ⚽️ Previa do noso técnico antes do encontro deste domingo, ás 17:00 horas en Calabagueiros, primeiro da segunda volta#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Goris amplía o seu contrato ata 2027!🤝 O mediocentro terá ficha de primeiro equipo e portará o dorsal '1⃣6⃣'𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2026/01/22/goris-amplia-contrato-compos-2027/#goris2027 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
2️⃣5️⃣0️⃣ partidos e sumandoO noso capitán, Samu Rodríguez, xa superou os 250 partidos disputados coa camiseta branquiazul, repartidos nas últimas 10 tempadasEste pasado domingo quixemos homenaxealo cunha camiseta conmemorativa, entregada polo seu paiParabéns, Samu! Por moitos máis! 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Queremos seguir coa boa dinámica!⚽️ 𝐗𝟏𝟖🆚 Centro de Deportes Barco 🗓️ Domingo, 25 de xaneiro🕔 17:00 horas🏟️ Calabagueiros🎫 12€Este domingo, iniciamos a 2ª volta, no Barco de Valdeorras! 🙌#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Comezo da semana con dúas xornadas de descanso🏟️ Os nosos volverán ao traballo o mércores para preparar o inicio da 2ª volta coa visita ao Barco#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.