Jorge Cano, polivalencia e experiencia para o ataque da SD Compostela

24 de Xullo de 2022
  • O extremo coruñés procede do Bergantiños e firma por unha tempada

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2022

Jorge Cano Bermúdez de Castro (A Coruña, 04/07/90) é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 2022/23. O experimentado atacante coruñés, cunha ampla traxectoria no fútbol galego, chega dende o Bergantiños, equipo co que disputou os catro últimos cursos, e firma por unha campaña.

Ademais de pola súa dilatada carreira na Segunda División B e Terceira, cun gran rendemento nos equipos polos que pasou, Cano destaca pola súa enorme polivalencia en toda a fronte do ataque, podendo actuar tanto en ambas bandas como de dianteiro. Así mesmo, posúe un gran xogo aéreo e capacidade goleadora, calidades todas elas que levaron á dirección deportiva do club a afrontar a súa incorporación.

No que respecta a súa traxectoria deportiva, o novo xogador branquiazul acumula 120 partidos no Grupo 1 da Segunda B, aos que suma 32 encontros na nova Segunda RFEF. A maiores, tamén conta ás súas costas cunha bagaxe de 268 duelos disputados na Terceira División.

Por tempadas, Cano comezou a destacar nas filas do Atlético Montañeiros, con tres cursos na división de bronce do fútbol nacional. Posteriormente, pasaría un ano polo Fabril e dous no Cerceda, todos eles en Terceira. A seguir, ficharía polo Boiro, onde estivo tres campañas, logrando un ascenso a Segunda B. Por último, os catro últimos anos estivo no Bergantiños, alcanzando tamén un salto de categoría e sendo unha peza capital do equipo cada tempada.

Pola súa banda, no que se refire á súa faceta goleadora, leva 21 goles entre Segunda B e Segunda RFEF, así como 85 en Terceira, estatísticas que tentará incrementar na súa etapa na capital galega.

Coa súa incorporación, a SD Compostela 22/23 de Fabiano conta agora con quince xogadores con contrato: Pato Guillén, Borja Rey, Roque, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Damián Canedo, Martín Salvador, Pablo Antas, Samu, Mario, Fer Beltrán, Jordan, Cano, Parapar e Pablo Durán.

O atacante sumarase aos adestramentos o vindeiro martes, no regreso do equipo ao traballo dentro da segunda semana de pretempada.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🎟️ RECORDA! Cada abonado pode retirar 1⃣ invitación gratuíta* para o partido de mañá📲 Só online!👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Apoia os nosos a polo triunfo 🩵🤍* Invitación gratuíta + gastos de xestión📸 Nacho Castaño #composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 @viveirocf2015 🩵🤍 Os nosos para o partido de mañá ás 18:00 horas no Vero Boquete👉 Entra Turby, da Canteira Picheleira #composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Viveiro CF ⚽️ Previa do noso adestrador antes do partido deste domingo ás 18:00 horas no Vero Boquete. Será a estrea dos nosos na casa neste 2026#composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🆕🏠🩵🤍⚽️ David Rosón xa completou os seus primeiros adestramentos como novo xogador do Compos😃 Moitas gañas de verte debutar na túa nova casa 📸 Nacho Castaño#benvidorosón ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.