Darío, un goleador santiagués para o ataque da SD Compostela

8 de Agosto de 2022
Fichaxe Darío
  • Chega cedido polo Celta, onde marcou 18 goles en Preferente

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2022

Darío Martínez Germil (Santiago, 27/06/2002) é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 2022/23. O dianteiro santiagués procede do Real Club Celta de Vigo, onde destacou o ano pasado no seu equipo C de Preferente Galicia. Chega cedido por unha campaña.

Aos seus 20 anos, Darío destaca pola súa enorme capacidade goleadora, demostrada tanto na súa etapa de formación como no seu paso a categoría sénior. Trátase dun futbolista con gran proxección e cun gran disparo.

O xoven dianteiro formouse nas categorías inferiores do ED Xuventude Oroso, durante dez anos, escalando categorías e demostrando en todas elas as súas grandes cualidades. Xa no seu primeiro ano como xuvenil, alternou partidos (catro) co primeiro equipo do Sigüeiro, na tempada do ascenso a Preferente. A campaña seguinte, de novo moveuse entre o xuvenil e o conxunto sénior, anotando trece goles en categorías inferiores e outros seis, en 24 encontros, en Preferente. Ese gran rendemento abriulle as portas do RC Celta de Vigo, aínda que unha inoportuna lesión deixouno fóra de xogo durante toda a tempada no seu último ano de xuvenil. En todo caso, proba da confianza nel, renovaron o seu contrato e foi inscrito no Celta C, de Preferente. Sen botar en falta o tempo parado, xogou 31 partidos, 29 de titular, e marcou 18 tantos. Ademais, tamén participou en dous encontros co Celta B de Primeira RFEF.

Coa súa firma, a SD Compostela 22/23 conta con dezasete xogadores con contrato: Pato Guillén, Borja Rey, Roque, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Damián Canedo, Martín Salvador, Pablo Antas, Samu, Mario, Fer Beltrán, Jordan, Mario Rodríguez, Elliot Gómez, Cano, Parapar e Darío. O dianteiro centro, que buscará seguir demostrando as súas grandes capacidades na súa cidade natal, sumarase aos adestramentos mañá martes.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
⏰ HORARIO confirmado para a seguinte xornada 🩵🤍x23 🆚 UM Escobedo 🏟️ Estadio Eusebio Arce🗓️ Domingo, 16 de febreiro🕛 12.00 horas#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O partido contra o Club Marino de Luanco será benéfico a favor do Banco de Alimentos de Santiago (BALRIAL Santiago)🎟️ Todas as persoas que entreguen produtos non perecedoiros no acceso ao Estadio accederán de balde🙌 Animamos tamén aos abonados a participar nesta iniciativa#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👨‍⚕️ 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌𝐄́𝐃𝐈𝐂𝐎⚽️ Diego GonzálezTras Resonancia Magnética, os servizos médicos do club detectaron unha nova rotura no meniscal que require tratamento cirúrxicoO xogador será intervido na maior brevidade posible💪 Moito ánimo, Diego! Volverás máis forte!📸 Nacho Castaño 👨‍⚕️ Dr Adrián Gallego Goyanes - Traumatología Deportiva y Cirugía Ortopédica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario a nosa última fichaxe, 𝐂𝐚𝐫𝐥𝐨𝐬 𝐏𝐞́𝐫𝐞𝐳 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Carlos!⚽️ Benvido a Compostela e que o celebremos con moitos éxitos xuntos#benvidocarlospérez🩵🤍 𝐅𝐈𝐂𝐇𝐀𝐗𝐄💪 Carlos Pérez, novo xogador da SD Compostela!⚽️ O mediapunta chega libre e firma ata final de tempada𝐂𝐚𝐫𝐥𝐨𝐬 𝐏𝐞́𝐫𝐞𝐳 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/2025/02/04/carlos-perez-refuerzo-calidad-compos/#BenvidoCarlosPérez ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.