Darío, un goleador santiagués para o ataque da SD Compostela

8 de Agosto de 2022
Fichaxe Darío
  • Chega cedido polo Celta, onde marcou 18 goles en Preferente

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2022

Darío Martínez Germil (Santiago, 27/06/2002) é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 2022/23. O dianteiro santiagués procede do Real Club Celta de Vigo, onde destacou o ano pasado no seu equipo C de Preferente Galicia. Chega cedido por unha campaña.

Aos seus 20 anos, Darío destaca pola súa enorme capacidade goleadora, demostrada tanto na súa etapa de formación como no seu paso a categoría sénior. Trátase dun futbolista con gran proxección e cun gran disparo.

O xoven dianteiro formouse nas categorías inferiores do ED Xuventude Oroso, durante dez anos, escalando categorías e demostrando en todas elas as súas grandes cualidades. Xa no seu primeiro ano como xuvenil, alternou partidos (catro) co primeiro equipo do Sigüeiro, na tempada do ascenso a Preferente. A campaña seguinte, de novo moveuse entre o xuvenil e o conxunto sénior, anotando trece goles en categorías inferiores e outros seis, en 24 encontros, en Preferente. Ese gran rendemento abriulle as portas do RC Celta de Vigo, aínda que unha inoportuna lesión deixouno fóra de xogo durante toda a tempada no seu último ano de xuvenil. En todo caso, proba da confianza nel, renovaron o seu contrato e foi inscrito no Celta C, de Preferente. Sen botar en falta o tempo parado, xogou 31 partidos, 29 de titular, e marcou 18 tantos. Ademais, tamén participou en dous encontros co Celta B de Primeira RFEF.

Coa súa firma, a SD Compostela 22/23 conta con dezasete xogadores con contrato: Pato Guillén, Borja Rey, Roque, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Damián Canedo, Martín Salvador, Pablo Antas, Samu, Mario, Fer Beltrán, Jordan, Mario Rodríguez, Elliot Gómez, Cano, Parapar e Darío. O dianteiro centro, que buscará seguir demostrando as súas grandes capacidades na súa cidade natal, sumarase aos adestramentos mañá martes.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 A pola segunda vitoria consecutiva!⚽️ 𝐗𝟐𝟐🆚 Club Silva SD 🗓️ Domingo, 22 de febreiro🕧 12:30 horas🏟️ Grela 1🎟️ Entrada libreEste domingo, anima aos nosos na Coruña! 🙌#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo🏟️ Comeza a semana para preparar a visita a Coruña#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos estreou a marcadora de vitoria na segunda volta, consolidando o seu liderado, tras superar por 2⃣-1⃣ ao Céltiga F.C no Vero Boquete 👉 sdcompostela.com/gl/2026/02/15/compos-vitoria-segunda-volta/ 📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-1️⃣ Céltiga F.C ⚽️ Armental | ⚽️ ParaparE CHEGOU O AGARDADO TRIUNFO NA CASA, PRIMEIRO DA 2ª VOLTA 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍TRES PUNTOS MOI IMPORTANTES PARA CONSOLIDAR O LIDERADO 💪💪💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.