Pablo Durán, traspasado ao RC Celta

8 de Agosto de 2022
  • Ambos clubs pecharon o acordo polo atacante tomiñés nas últimas horas

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2022

Pablo Durán foi traspasado ao Real Club Celta de Vigo, despois de que a entidade viguesa chegase a un acordo coa SD Compostela nas últimas horas. Froito do acordo, traspásanse os dereitos federativos do novo atacante tomiñés, que se despide do Compos tras unha sensacional campaña.

En base ao contrato acordado por ambas partes, entre outras cláusulas, o Compos ingresará unha cantidade económica pola venda e recibirá a cesión dun xogador do Celta para esta campaña 2022/23. Ademais, o cadro olívico comprométese a xogar un partido amigable, co primeiro equipo, contra a SD Compostela.

Chegado o verán pasado desde o Porriño Industrial, o dianteiro pechou a súa etapa no Compos con 31 partidos xogados (17 como titular), para un total de 1,787 minutos, nos que ademais marcou oito goles, todos eles decisivos, así como un par de asistencias.

O seu gran rendemento no campo, fixéronlle merecedor do premio ao Xogador Cinco Estrellas da Tempada, un galardón que elixe a afección cos seus votos. Ademais, a pesar da súa mocidade, Pablo tamén demostrou unha gran madurez tanto no verde como no vestiario, sendo un máis na familia compostelanista.

Por todo iso, a SD Compostela quere agradecerlle todo o seu traballo, dedicación e esforzo durante o seu ano vestindo a camiseta branquiazul, desexándolles o maior dos éxitos para a súa carreira deportiva.

Moitas grazas e moita sorte, Pablo!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🌟🪄 Que maneira de estrearse!Dani González marcou os primeiros goles coa camiseta compostelanista en partido oficial 🩵🤍⚽️ Un dobrete (+1⃣ asistencia) fundamental para conseguir os tres puntos na casa📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.