Pablo Crespo: “As sensacións son positivas para a final contra o Arenteiro”

26 de Agosto de 2022
Presentación Pablo Crespo en Limpiezas Salgado
  • O central foi presentado en Limpiezas Salgado, o seu patrocinador oficial

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2022

Pablo Crespo, o novo central da SD Compostela, foi presentado esta mañá na sede de Limpiezas Salgado, o seu patrocinador oficial esta campaña. O futbolista cántabro, que chegou procedente do Coruxo este verán, fixo un balance da súa pretempada co equipo, destacando ademais a final da fase autonómica da Copa RFEF contra o Arenteiro, este sábado, en Portonovo.

No acto estivo acompañado por Ramón Salgado, xerente da empresa de limpeza que, unha tempada máis, estará a apoiar o proxecto do club.

Sensacións na pretempada. As sensacións son boas, tanto a nivel persoal como colectivo, chegamos preparados para o primeiro partido liga. O partido de mañá é unha final e temos sensacións positivas.

Traballo no Compos. O míster pídeme seguridade defensiva e intensidade, na liña do que piden todos os adestradores e do que viña facendo ata o de agora.

Compartir zaga con Álvaro Casas. Xa coincidiramos no Celta B, tiñamos unha moi boa relación de atoparnos todos estes anos xogando en contra e moi ben, porque cho fai todo máis sinxelo.

Final da Copa RFEF. Non é un amigable, é competición, unha final e temos que ir a gañala, sobre todo porque pasariamos á Fase Nacional que nos podería levar á Copa do Rey.

Encontro en Portonovo. Creo que será un partido moi igualado, típico de pretempada, con moitos duelos individuais, nos que temos que saír vencedores para poder levarnos o partido.

Claves do Compos este ano. Creo que temos capacidade para facer dano en varias facetas. Defensivamente estamos a traballar ben e ofensivamente temos xogadores de moita calidade que nos poden achegar moitas cousas.

Inicio de Liga. Agora mesmo estamos centrados na final de mañá e logo xa tocará ir a Oviedo coa máxima ilusión, sabendo que temos que empezar ben a liga, porque se comezas ben, logo é máis levadío.

Grupo 1 da Segunda RFEF. Creo que será unha liga moi igualada. Seguro que haberá algunha sorpresa que estará arriba e logo si que hai equipos con moi bos planteis, pero nós temos que ser un equipo dominante na categoría.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmada a nova data para o encontro aprazado! ⚽️ 𝐗𝟐𝟎🆚 Club Juventud Cambados🗓️ Sábado, 28 de febreiro🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe completamos a semana de aniversarios co do noso picheleiro, Damián Noya 🩵🤍Moitos parabéns, @damian_noya!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, a pola vitoria na nosa casa🤝 Partido patrocinado por Jessica Fabeiro ⚽️ 𝐗𝟐𝟏🆚 Céltiga F.C 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas online! 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso 🫁, Diego Uzal 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de adestramentos🏟️ Preparación para o regreso a nosa casa, trala suspensión da xornada pasada#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.