O Compos reforza a súa estrutura de canteira con Gonzalo Goyanes

28 de Agosto de 2022
  • O santiagués coordinará o CD Conxo Santiago e seguirá vinculado ao Sigüeiro FC e á ED Xuventude Oroso

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2022

A Sociedade Deportiva Compostela e Gonzalo Goyanes acaban de chegar a un acordo para que se faga cargo da coordinación do CD Conxo Santiago a próxima tempada. Gonzalo traballará de xeito conxunto con Manuel Castiñeiras e Víctor Pazos para sacar adiante o novo reto de canteira do club branquiazul.

A colaboración de Gonzalo co Compos non é algo novo, xa que durante a última tempada, estivo con Manuel Castiñeiras na dirección deportiva do filial branquiazul, o Sigüeiro FC. O éxito do devandito traballo e a súa experiencia no fútbol formativo fixeron que se convertese no primeiro obxectivo da esedé para este novo labor.

Gonzalo é un gran coñecedor do fútbol de canteira en Galicia, traballou nas categorías inferiores do RC Celta e atesoura unha gran experiencia neste ámbito, polo que a entidade branquiazul dá un novo paso no impulso do seu fútbol base con esta fichaxe, aproveitando tamén a boa sintonía que mantén con Castiñeiras e Pazos.

“O obxectivo seguirá sendo o mesmo, fornecer ao primeiro equipo a medio prazo con xogadores da canteira”, asegura Castiñeiras, quen espera que en pouco tempo haxa “máis Roques” que dean o paso das categorías inferiores ao primeiro equipo. Nesa liña tamén se mostra Goyanes, quen espera que “a medio prazo” se poida nutrir ao Compos dunha alta porcentaxe de xogadores “formados na base” para o que será necesario “moito traballo” nesta área. Pola súa banda, Víctor Pazos sinala que coa chegada de Goyanes péchase “un círculo importante” e conséguese “un salto cualitativo moi grande” na canteira branquiazul.

Gonzalo, ademais de asumir a coordinación deportiva do CD Conxo Santiago, seguirá traballando con Manu Castiñeiras na dirección deportiva do Sigüeiro FC e continuará vinculado deportivamente á ED Xuventude Oroso.

Moita sorte a Gonzalo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍🆚 RACING CLUB VILLALBÉS 🕡 18:30 horas🏟️ A Magdalena🎟️ Xeral: 15€ | Menores de 16 anos: Gratis🙌 A comezar con bo pe!! Todos xuntos a pola primeira cita deste play off!!#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso gran capitán, Samu 🩵🤍Moitos parabéns, capi!! A desfrutalo e que este novo ano veña con moitos éxitos para celebrar xuntos!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 De pequenos a maiores, co apoio de todos, a por este play offTodos xuntos conseguiremos o ascenso!!Imos con todo desde este sábado!! 💪💪💪📸 Nacho Castaño#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Neste Día da Ascensión, temos de aniversario ao noso mago, Parapar 🩵🤍Moitos parabéns!! Que veña acompañado dun ascenso!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧤 Con 28 goles encaixados e unha media de 0,0092 goles/minuto, o noso Álex Cobo foi o Zamora do Grupo 1 da Terceira RFEF🩵🤍 Parabéns, Álex!! A seguir así no play off!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.