O Compos perde a vitoria nos últimos minutos

16 de Outubro de 2022
Celebración Gol Darío vs Lugo B
Damián vs Lugo B
Darío vs Lugo B
  • Dous tantos no tramo final do Lugo B déronlle a volta ao marcador

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2022

A SD Compostela non puido sumar en Lugo, a pesar de que tivo a vitoria moi preto. Os nosos puxéronse por diante e tiñan todo controlado, pero nunha acción illada, os locais empataron. E na tolemia do desconto, tras ter o segundo nas botas de Jordan, o tanto sería de novo para os locais, á saída dun córner.

Cos mesmos protagonistas que o domingo pasado, a SD Compostela chegaba ao Anxo Carro coa mentalidade de poder sumar un novo triunfo lonxe de Santiago, nun derbi complicado contra o filial do Lugo.

Partindo, de novo, coa premisa de protexer o arco, ser competitivos e crecer a partir da defensa, os nosos foron gañando enteiros a medida que avanzaba a primeira parte.

Tras un primeiro aviso dos lucenses, cunha incorporación de Torrado, cuxo pase da morte salvou un Samu imperial, o Compos sentiuse máis cómodo, roubando máis balóns e sen medo a saír ás contras.

Chegando á media hora, nun deses contragolpes, avanzaron os branquiazuis, pero a asistencia de Antas para Fer Beltrán cortouna Castrín ao límite, cando o mediocentro do Saviñao xa se plantaba ante Brais. E sete máis tarde, Damián, tras un caneo fenomenal en banda, non puido atopar rematador na área.

Os locais tamén quixeron quitarse o medo de encima e lográrono nunha acción illada, na que Álex Ramos atopou a pelota no bordo da área, pero afortunadamente o seu gran disparo potente estrelouse no pau.

Aínda así, a última da primeira parte foi de novo para os nosos, noutra contra na que Darío atopou oco polo centro e armou o disparo coa zurda, pero Brais estirouse ben para despexala a un lado. Por iso, nun encontro de alternativas, chegouse ao descanso co empate a ceros.

Á saída dos vestiarios, cos mesmos protagonistas, a contenda seguiu cos mesmos camiños, aínda que o encontro abriuse e apareceron máis espazos. Eses ocos quíxoos aproveitar Riki Mangana, quen primeiro, nunha gran xogada individual, armou un disparo coa zurda que salvou Castrín e, a seguir, foi tirado no bordo da área, nunha falta moi perigosa que lanzou Pablo Crespo rozando a escuadra.

Cun equipo superior, os nosos atoparon o premio, no 72, á saída dun córner. Colgouna Samu, tentou o remate Darío de cabeza, a pelota quedou no aire e, demostrando unha gran habilidade, o dianteiro santiagués levantouse rápido, volveu saltar e rematou de volea, no aire, coando a pelota na escuadra. Un auténtico golazo, 0-1.

A contenda estaba controlada polos nosos, moi ben asentados no campo, con todo, os locais atoparían o premio nun pase maxistral de Dani Vidal, desde a defensa, para o desmarque de David Rojo, quen se plantou ante Pato e definiu ao fondo da rede.

Coa igualada, ambos fóronse a polo triunfo, cada un tivo a súa, pero o premio maior levoullo o Lugo. Primeiro, Jordan atopou o pé salvador de Brais, despois dun gran pase de Elliot, non podendo acertar no man a man.

Tras ese saque de esquina, o filial lucense colleu unha contra na que Torrado quedou só ante Pato, salvando o porteiro uruguaio o man a man. Con todo, no córner, Dani Vidal cazaba a pelota no segundo pau e marcaba cun disparo axustado con efecto, 2-1. Foi un tanto con polémica, posto que os nosos reclamaron man previa de Castrín.

Con ese mazazo final, nun partido no que o Compos tocou a vitoria cos dedos, pechouse a contenda, polo que os tres puntos quedaron en Lugo. Tocará levantarse para o próximo derbi, na casa, ante o Coruxo.

FICHA TÉCNICA

2- POLVIRÍN FC: Brais; Torrado, A. Castrín, Iago Parga, Martín (Xabi Domínguez, m.78); Dani Vidal; Lansade (Jorge, m.56), Rosón (Rubal, m.56), Iago Novo (David Rojo, m.67), Idrissa; e Álex Ramos.

1- SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Riki Mangana, Kike, Samu, Pablo Crespo, Damián; Roque (Jordan, m.77), Álvaro Casas, Pablo Antas; Fer Beltrán e Darío (Elliot, m.82).

GOLES: 0-1: Darío, min.72; 1-1: David Rojo, min.87; 2-1: Dani Vidal, min.93.

ÁRBITRO: Álvarez Ordoñez (Asturias). Amoestou a Iago Parga e Iago Novo, pola Polvorín; e a Pablo Crespo e Pablo Antas, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio Anxo Carro (Lugo). Xornada 7 de Liga do Grupo 1 da Segunda RFEF. Un centenar e medio de espectadores compostelanistas estiveron presentes no partido.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.