Toxo Telecom é novo patrocinador da SD Compostela

19 de Outubro de 2022
  • O Operador Móbil Virtual entrega o segundo agasallo da Composfest nas súas instalacións

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2022

O Operador Móbil Virtual galego Toxo Telecom (www.toxotelecom.com) é novo patrocinador da SD Compostela e, como benvida á familia branquiazul, entregará o segundo agasallo da Campaña de Abonados. As instalacións da compañía en Santo Domingo da Calzada 3 (Costa da Camelia) serán o punto de recollida dos 200 quentapescozos do Compos que se poñen ao dispor dos abonados neste mes de outubro.

Tras o éxito do primeiro agasallo, ábrese o prazo este xoves 20 de outubro para a recollida do segundo obsequio. Igualmente, entregaranse por orde de recollida e para iso será necesario presentar o abono propio e o DNI. Só se habilita para maiores de idade.

O horario da tenda de Toxo Telecom é de 10.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas, de luns a venres. Pásache por ela mañá ou pasado e acode ben protexido do frío o domingo ao Vero Boquete.

 

TOXO TELECOM. Arraigado en Ribeira, Toxo Telecom é un OMV (Operador Móbil Virtual) creado en 2018 e que actualmente está repartido por toda a xeografía galega, así como noutras comunidades e en cidades de Europa.

A nova compañía patrocinadora do club ofrece servizos de telefonía móbil e fixa, internet por fibra óptica e TV. En móbiles, dispoñen de servizo de tripla cobertura (Yoigo/Orange/Movistar), polo que garanten unha boa calidade de conexión no 99% do territorio nacional. En canto a fibra óptica, teñen asinados convenios con todos os grandes operadores e fibras neutras, polo que dispoñen da maior pegada de fibra do país.

A maiores, contan tamén co servizo de alarma con aviso á policía, prestado pola empresa de Santiago Seguridade A1.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.