Fabiano: “Hai que levantar a moral e gañar na casa”

21 de Outubro de 2022
  • O Compos mídese ao Coruxo no Vero Boquete coa única misión de sumar a vitoria

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2022

Tralo duro golpe de Lugo, a SD Compostela quere redimirse, noutro novo derbi, consigo mesmo e coa afección. O equipo regresa ao Vero Boquete, o domingo ás 12.00, coa premisa clara de sumar os tres puntos ante o Coruxo, unha vitoria necesaria para impulsarse na clasificación. Recuperando efectivos, tras varias semanas con moitas baixas, Fabiano agarda un Compostela forte.

Recuperar efectivos. Recuperamos bastante xente, só Allyson está fóra. Mario recuperou, Parapar tamén e esperarei ao adestramento de mañá para decidir. Dependerá deles, se están para xogar ou para achegar 45 minutos. Así que decidiremos mañá tralo adestramento.

Estado de Iván Martín. A primeira semana non foi convocado, vén dun parón longo sen adestrar cun equipo e está un pouco baixo de nivel físico. Calidade ten dabondo, polo que tamén decidirei mañá se entra ou se lle damos unha semana máis de adestramento para mellorar a súa condición.

Partido en Lugo. Creo que expuxemos unha boa estratexia, de esperar e transitar, fixémolo ben. Na primeira parte tivemos dúas ocasións claras, nas que o último pase non entrou, e na segunda non sufriamos, estaba todo ben e no 89 volvemos cometer os mesmos erros, sen balón reláxaste, e así non tes nada que facer. No segundo gol xa foi despois dun golpeo coa man, na que o árbitro non quere pitar, pero o problema foi o primeiro, dunha relaxación inconcibible fóra da casa, gañando e con liña de cinco. Hai que seguir traballando, levantar a moral e gañar na casa.

Crucial seguir sumando. Foron malas sensacións porque non trouxemos puntos, porque ata o minuto 89 tiñamos a vitoria, con bo traballo e boas sensacións. Temos que ser competitivos con e sen balón e iso estámolo inculcando aos xogadores. A mellor maneira de demostralo é xogar na casa, coa nosa afección e tentar gañar o partido, xa que, se non o conseguimos o domingo pasado, este é crucial seguir sumando.

Xogar con cinco ou catro defensas. Dependerá do que me digan os xogadores que recuperamos. Se eles están para xogar, polo menos 70 minutos, cambiarase a maneira de xogar, senón seguiremos coa liña de cinco, polas características dos xogadores, porque é a mellor maneira de xogar cos xogadores que temos.

O Coruxo. Analizamos os seus partidos e é un bo equipo, moi ben adestrado, pero como todos, con puntos fortes e débiles. A ver se somos quen de explotalos para conseguir os goles que nos dean a vitoria. Será un partido difícil para ambos e a ver se somos quen de superalos.

Condicións meteorolóxicas. O campo, o clima e o vento son para os dous. Loxicamente gustaríanos que o tempo estivese ben, pero se non está, adaptarémonos, xogaremos e faremos un Compostela forte para superar ao Coruxo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.