Nova edición dos Campus de Nadal con dúas sedes: Santiago e A Pobra do Caramiñal

9 de Novembro de 2022
Campus Nadal A Pobra
Campus Nadal Santiago
  • Levaranse a cabo do 26 ao 30 de decembro e contan co patrocinio de Segundo Rey e Rede Aberta, respectivamente
  • As inscricións pódense realizar na web ou na ligazón https://bit.ly/CampusNadalCompos22

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2022

A Fundación SD Compostela organiza, un ano máis, os seus tradicionais Campus de Nadal, que, nesta ocasión, traerán unha novidade, coa inclusión dunha nova sede. As actividades desenvolveranse do 26 ao 30 de decembro, en horario matinal e para nenos e nenas de 6 a 14 anos, en Santiago de Compostela e A Pobra do Caramiñal, contando co patrocinio de Segundo Rey e Rede Aberta, respectivamente.

Desta maneira, o club busca incrementar a súa oferta de actividades durante o período do Nadal, co obxectivo, por unha banda, de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral nestas datas tan sinaladas, así como para que os pequenos poidan seguir coa práctica futbolística durante as súas vacacións escolares.

Tralo éxito de pasadas edicións, espérase que decenas de nenos e nenas poidan volver gozar das propostas dos adestradores, nun ambiente lúdico, festivo e de moita diversión. Por iso, as inscricións xa están abertas na propia web da SD Compostela – www.sdcompostela.com – (páxina de inicio) ou na ligazón https://bit.ly/CampusNadalCompos22.

Para calquera consulta ou dúbida, están dispoñibles o teléfono 626 063 705 (Manu Otero) ou o correo electrónico academia@sdcompostela.com.

Os prezos para a semana serán os seguintes: Xeral, 140€; abonados ou fillos de abonados dos clubs organizadores, 125€; xogadores do Compos, dos clubs organizadores ou clubs conveniados, 90€; e irmáns de rexistrados, 70€.

As prazas serán limitadas, polo que se anima a realizar a inscrición canto antes, para garantir a presenza nalgunha das dúas sedes.

Ademais, cabe destacar, que a iniciativa levada a cabo na Pobra do Caramiñal xorde do novo convenio de colaboración asinado entre a Canteira Picheleira e o Puebla FC. Nesta liña, forman parte desta rede de convenios, podendo aproveitarse das vantaxes aplicadas, once equipos: CD Conxo, Victoria FC, Amio SD, Milladoiro SD, SD Escravitude, UD Bastavales, SD Urdilde, SD O Pino, AD Nicrariense, Puebla FC e Dumbría CF.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🌟🪄 Que maneira de estrearse!Dani González marcou os primeiros goles coa camiseta compostelanista en partido oficial 🩵🤍⚽️ Un dobrete (+1⃣ asistencia) fundamental para conseguir os tres puntos na casa📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.