Tres puntos de ouro para estrear o ano

7 de Xaneiro de 2023
Celebración Equipo Vitoria vs Rayo Cantabria
Celebración Gol Darío vs Rayo Cantabria
  • Darío anotou o tanto da vitoria na segunda, para un Compos que soubo reporse ás baixas

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2023

O Compos comezou o ano como o acabou, con tres puntos na casa. Os nosos superaron ao Rayo Cantabria por 1-0 nun duelo no que demostraron unha gran solidez e intensidade, sabendo reporse ás baixas, e no que marcou as diferenzas o gol de Darío, no 51. Unha vitoria máis para gañar confianza e encarar esta importante segunda parte do ano.

Tras as longas vacacións de Nadal, a SD Compostela regresaba ao Vero Boquete para estrear este 2023. Tras terminar o pasado ano en gran momento, os nosos querían darlle continuidade na casa, diante dos seus, coa visita do Rayo Cantabria.

Coa necesidade de expor cambios no once, por lesións e sancións, Fabiano deu entrada, de primeiras, a Martín, Samu e Cano en detrimento de Damián, Fer Beltrán e Jordan, ausentes nesta tarde posterior a Reis, tres novidades á que se sumou Kike, tras atoparse mal no quecemento Antas.

Con caras novas, pero coa mesma premisa de sempre, o Compos arrincou moi sólido atrás, buscando gañar confianza aos poucos, adaptándose aos cambios de última hora e sen perder a súa esencia de tentar ir arriba cando podía.

Foi un inicio con ataques moi mornos, sen apenas oportunidades e con dous bloques moi ben asentados atrás. Aínda que a pelota era para os visitantes, apenas había achegamentos.

Non foi ata pasada a media hora cando ambos conxuntos comezáronse a soltar. Os cántabros probárono con dúas accións de estratexia, especialmente un córner olímpico que se escapou rozando o segundo pau sen que chegase ninguén a rematar.

Pola súa banda, o Compos tívoas nas botas de Mario e Cano. O primeiro, tentouno cun golpeo ao segundo pau que parou o porteiro ben colocado, mentres que o coruñés tívoa, no 39, cun disparo potente, desde a frontal, que salvou Germán cunha enorme estirada. Dúas ocasións moi claras que, con todo, non puideron acabar en gol.

Por tanto, chegouse ao intermedio co resultado inicial, 0-0. Á volta dos vestiarios, cos mesmos protagonistas, o Compos volveu meterlle unha marcha máis, aproveitando as boas sensacións do final da primeira metade.

Con esa intensidade, acabaría chegando o premio, no 51, cun gol de insistencia do pichichi Darío. O dianteiro santiagués, rematou de cabeza un centro de Cano, sacouno o porteiro, volveuno a tentar coa testa, despexouna o meta e á terceira, coa zurda, cruzouna ao fondo da rede. Un gran premio tras moito tentalo.

Con vantaxe, os nosos sentíronse máis cómodos, conscientes de que a vitoria estaba máis preto, a condición de que se mantivese a solidez atrás.

Este obxectivo estaba claro, coa defensa moi ben plantada e sacando calquera intento dos visitantes. Mesmo houbo a opción de marcar o segundo, outra vez nas botas de Darío, pero a sorte foille esta vez esquiva, posto que o seu gran golpeo de volea, de lonxe, tras superar ao porteiro, estrelouse no traveseiro.

Non quixo entrar o trallazo do dianteiro, tampouco atopou a rede, tres máis tarde, Cano, cun remate que se topou cun defensor, polo que houbo que pórse o mono de traballo e loitar o triunfo ata o último segundo, apoiados por unha afección moi entregada.

Así, o Rayo Cantabria tería a súa opción no desconto, pero aí apareceu Pato para deixar, unha xornada máis, a súa portería imbatida. Nun disparo desde a frontal, o porteiro voou para sacala a córner e no saque de esquina posterior, tras varios rexeites, Álvaro Casas sacouna de cabeza sobre a liña, disipando o intento cántabro.

Deste xeito, a vitoria quedou na casa e os nosos puideron celebrar un triunfo moi importante para comezar o ano da mellor maneira. A pesar das baixas, os nosos volveron demostrar unha gran solidez. Agora, toca seguir, a próximo fin de semana, visitando ao Marino de Luanco.

FICHA TÉCNICA

1- SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Riki Mangana, Kike, Pablo Crespo, Martín; Álvaro Casas, Roque, Samu, Cano (Elliot, m.77); Mario Rodríguez e Darío (Parapar, m.85).

0- RAYO CANTABRIA: Germán; Jorrin, Mirapeix, Marco (Juan Casar, m.77), Mario García; Gete (Álvaro, m.77); Mateo (Izán, m.72), Dani González (Jeremy, m.61), Neco, Diego Campo; e Jorge Delgado (Ayoub, m.61).

GOLES: 1-0: Darío, min.51.

ÁRBITRO: Pérez Fernández (Castela e León). Amoestou a Samu, Riki Mangana, Álvaro Casas, Roque, Kike e Pato, polo Compos; e a Marco e Diego Campo, polo Rayo Cantabria.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 16 do Grupo 1 dá Segunda RFEF disputado ante 1.026 espectadores.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.