Fabiano: “Cada día temos que xogar con máis intensidade”

13 de Xaneiro de 2023
  • O Compos quere encadear a súa segunda vitoria do ano, no último encontro da primeira volta

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2022

Tras comezar o ano cunha nova vitoria, a SD Compostela quere repetir éxito esta fin de semana, na súa primeira viaxe do 2023 e último encontro da primeira volta. Os nosos, que recuperan efectivos para a causa, tentarán sumar os tres puntos ante o Marino, un triunfo moi importante para seguir na parte alta da táboa. Fabiano confía en que o equipo mellore o seu rendemento e se mostre, unha vez máis, como un grupo sólido con e sen balón.

Estado do plantel. Tivemos unha calidade de adestramento mellorada hoxe, porque estaban a maioría de xogadores, salvo Jordan, que non adestrou. Con iso mellora o equipo titular, o equipo reserva e a calidade do adestramento mellora. Estou contento.

Baixas para Marino. Temos a baixa de Jordan, que está lesionado e ninguén máis. Recuperamos a Fer Beltrán, se non hai ningún problema, Allyson e Pablo Antas, que estaban mal o domingo pasado. Hoxe adestraron e se mañá están ben, van, se non, loxicamente, non irán, coma a semana pasada, que os que non estaban en condicións, quedaron. Espero que superen a carga de traballo de hoxe e mañá estean ben para adestrar e despois decidir. Oxalá estean ben, porque iso sería bo para nós.

Suplir a Jordan. Loxicamente, hai dous xogadores que poden xogar nesa posición, nos que confío moito, sinceramente, pero é unha posición difícil. Hai que adaptar a dous xogadores aí, e, aínda que nos dan un nivel alto, habería que atopar un xogador como Jordan. A verdade, Samu ou Cano, son da miña confianza e demostraron o que valen xogando aí. Por circunstancias, xogan menos, pero son xogadores que poden funcionar ben.

Reforzos invernais. O mercado xa está aberto e aínda hoxe venres non temos noticias do que poida chegar. Loxicamente, Casti e o club estarán a falar con algún xogador e despois terán que arranxar as condicións económicas. Aínda non sei nada, pero conto cos que están aquí, que nos están dando puntos e bo fútbol.

Manter o nivel. Temos que manter a intensidade e a calidade dos adestramentos. Esta semana non foi boa, pero hoxe, recuperando a todos, recuperamos esa calidade. Hai que tentar que os xogadores estean intensos, ordenados e sabendo no campo o que van facer, para seguir sendo un equipo competitivo e, quizais, gañador. Loxicamente, todos nos teñen gañas e cada día temos que xogar con máis intensidade para superar aos contrarios.

Análise do rival. Vin os seus últimos catro/cinco partidos. Na casa, ás veces xogan con 4-4-2 outras con 4-2-3-1. Esta fin de semana será de choiva alí, con esas condicións, o campo queda moito para o fútbol directo e terémonos que adaptar. Se vale para o chan, tentaremos xogar e senón teremos que adaptarnos ao fútbol directo. É un equipo que nos ten gañas, que ten xente moi competente, con calidade e será un partido complicado, sobre todo no campo deles. Teremos que estar moi vivos e intensos para saír vivos de alí.

Adaptarse ao campo. Gustaríame que o campo estivese ben, para que eles, coa calidade que teñen, puidesen xogar, e nós tamén. Pero coa choiva, seguramente o campo non aguante tanto como o noso. Terémonos que adaptar ambos a un fútbol máis directo, e a ver se somos quen de facelo canto antes, porque o noso estilo é diferente.

Fútbol directo. Xogamos noutros campos pequenos, complicados, sobrevivimos e este non será diferente. Confío no meu equipo, adestramos as dúas opcións e a ver se somos quen de superar a un equipo que ten moita calidade, pero tamén fútbol directo, polo que é moi forte, sobre todo no seu campo.

Un partido de poucos goles. Espero que si. Vendo os equipos que pasaron por alí e a maneira de xogar dun e outro, foron partidos de poucos goles. Oxalá que sexa a favor nosa, pero será un partido complicado.

Portería a cero. Para ter posibilidade de gañar os partidos, tes que manter a portería a cero, para tentar gañar ata o final. A pesar de que somos un equipo moi ofensivo, temos que manter a portería a cero, para tentar gañar ata o final.

Solidez do equipo. O sistema favorece á maneira de xogar e as características dos nosos xogadores e adaptáronse ben. Están moi xuntos, moi ben organizados e conectados para conseguir manter a portería a cero, conseguir gañar os partidos marcando goles e a verdade é que estou contento e feliz, pero temos que seguir ata o final. Hai que manter a calidade de adestramentos e a intensidade do xogo para seguir imbatidos.

Clasificación. Xogando en casa ou fóra, estamos a expor a nosa maneira de xogar, para non crear dúbidas nos xogadores. Loxicamente, Compostela ten que pelexar polo primeiro posto, iso téntoo mostrar aos xogadores, eles tamén queren e estámolo tentando. Mentres non teñamos o primeiro posto, non imos descansar e, coa axuda da afección, que nos ten apoiado bastante, conseguir o primeiro posto, pero non será fácil.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
COMPOS 2️⃣-2️⃣ Pontevedra Club de Fútbol SAD🙌 Os nosos sumaron o primeiro punto da tempada tras un final de tolemia✍️ sdcompostela.com/2024/09/08/empate-remontada-compos-manu-rivas/🩵🤍 Incrible o ambientazo nas bancadas!📸 Nacho Castaño#compospontevedra ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
𝐑𝐝𝐏🎥 Antón Permuy 🗣️ Falou o míster tralo empate no derbi contra o Pontevedra Club de Fútbol SAD#compospontevedra ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🔚 FINAAAALCOMPOS 2️⃣-2️⃣ Pontevedra Club de Fútbol SAD⚽️ GIULIANO | MANU RIVAS💪 EMPATE DE GARRA E CORAZÓN DOS NOSOS LOGO DUN GRAN FINAL DE PARTIDO!!!🙌 DALLE COMPOS!#compospontevedra ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSO COMPOS 0️⃣-2️⃣ Pontevedra Club de Fútbol SAD#compospontevedra ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🩵🤍#compospontevedra ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.