Darío rescata un punto para un Compos que acaba terceiro a primeira volta

15 de Xaneiro de 2023
Fabiano vs Marino
Samu 2 vs Marino
Samu vs Marino Cuadrado
  • O dianteiro volveu marcar, nun encontro no que os nosos foron de menos a máis

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2023

A SD Compostela pechou a primeira volta cun empate, 1-1, na súa visita ao Marino de Luanco. No difícil reto de Miramar, os nosos conseguiron sumar un punto tralo gol de Darío, no 80. Un premio ao traballo realizado durante o choque que deixa ao Compos, ao termo da primeira parte da tempada, na terceira posición.

Recuperando efectivos, con Damián, Antas e Fer Beltrán no once, a SD Compostela plantouse en Miramar co propósito claro de sumar tres novos puntos, no último duelo da primeira volta. O terreo brando do campo asturiano supuña un reto para os nosos, o que obrigaba a adaptarse canto antes.

O partido comezou con moito respecto por ambos bandos, perpetrados con idéntico esquema, moi protexidos por dentro. Custaba chegar ás áreas, pero, con todo, os locais atoparían o seu premio aos 20 minutos.

Tras máis de setecentos minutos sen ver perforada a súa portería, Pato Guillén tivo que recoller o balón das redes tralo tanto de Isma Fagir. O dianteiro asturiano adiantaba aos seus e complicaba, aínda máis, a tarefa para o Compos.

Ante a dificultade para trenzar xogadas, os nosos acabarían encerrando aos locais, na recta final do primeiro período, a base de centros laterais. A través deste tipo de xogadas, acabaría chegando a ocasión máis clara, xusto no 45.

Darío controlou na área un balón colgado desde a banda, orientouna para a súa perna dereita e soltou un gran disparo que se estrelou no traveseiro, despois do toque cos dedos de Buru. Puido ser a igualada, pero o Marino salvouse, así, chegouse ao intermedio coa vantaxe local.

Á volta dos vestiarios, cos mesmos protagonistas, os composteláns seguiron ao seu, tentando achegarse con balóns colgados, ante un terreo de xogo cada vez máis roto.

A tarefa resultaba complicada, posto que o campo non permitía ningún lixeiro descoido. Ademais, os locais estaban moi ben plantados na súa área. Deste xeito, a seguinte ocasión clara non chegaría ata o 70.

Riki Mangana gañouse o espazo pola banda e, tras recortar ao lateral, entrou na área e soltou un disparo potente coa zurda que volveu sacar Buru. O rexeite quedou solto, pero Darío non foi quen de empuxalo con forza, polo que o porteiro local volveu a chapala dende o chan.

En todo caso, sen perigo atrás, os nosos fóronse crecendo, sabendo que o empate estaba máis preto e esa insistencia acabaría atopando o seu premio. Xogábase na área rival e o tanto acabaría chegando no enésimo saque de banda.

Riki Mangana sacou en longo, houbo unha peiteada no primeiro pau e a pelota quedoulle a Darío no segundo, quen se colocou o esférico para a súa zurda e, esta vez si, conseguiu bater ao meta cun golpeo potente, arriba e polo primeiro pau. Un golazo que significaba un premio xusto ao traballo realizado.

Impulsados polo apoio anímico do tanto do empate, os branquiazuis quixeron ir a por máis e apertaron aos locais na súa área, pero non foron quen de conectar cos dianteiros para xerar ningunha ocasión clara.

Por iso, a contenda terminou con empate, 1-1. Un punto máis para os nosos, que seguen asentados na parte alta da táboa, pechando a primeira volta na terceira posición con 32 puntos. Agora, tocará tentar melloralo na segunda parte da tempada, que comezará a próximo fin de semana, na casa, ante o Oviedo Vetusta.

FICHA TÉCNICA

1- MARINO DE LUANCO: Buru, Borja, Trabanco, Guaya, Dailos; Lora, Ben Hamed, Pinin (Adolfo, m.89), Luis Nuño (Guille Cueto, m.76); Óscar (Iván Fernández, m.63) e Isma Fagir (Jairo Cárcaba, m.76).

1- SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Riki Mangana, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Damián; Pablo Antas, Roque, Fer Beltrán, Samu (Cano, m.71); Mario Rodríguez (Allyson, m.81) e Darío.

GOLES: 1-0: Isma Fagir, min.20; 1-1: Darío, min.80.

ÁRBITRO: Legarra Gorgoñón (Navarra). Amoestou a Óscar, polo Marino; e a Allyson e Pablo Crespo, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio Municipal de Miramar (Luanco). Xornada 17 do Grupo 1 da Segunda RFEF, con máis de medio centenar de seguidores compostelanistas en terras asturianas.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀🎥 Revive a presentación oficial de Manel Menéndez na Brasería A Grella!!!💙 O novo técnico da SD Compostela deu as súas primeiras declaracións nas instalacións do seu patrocinador oficial!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌 O Compos segue avanzando na súa dixitalización co novo patrocinio con Cluber App!!!💻 Grazas ao seu software de xestión, melloramos o servizo para a inscrición dos futbolistas, o cobro de cotas ou os trámites administrativos!!!💙 Benvidos ao Compos!!!#PatrocinioCluber ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Grazas Bodegas sampayolo polo voso apoio e compromiso durante esta Tempada!!!🙌 Grazas por formar parte do noso proxecto e por confiar e crecer da man do Compos!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🦷 En Clínica Baltar, a 𝐂𝐥í𝐧𝐢𝐜𝐚 𝐃𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐎𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐥 da SD Compostela estamos nas mellores mans para coidar a nosa saúde bucodental!!!🪥 O último en visitar as súas instalacións foi Samu Rodriguez para coñecer os seus servizos e tratamentos!!! Recorda que como abonado contas con descontos especiais!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.