Entradas a metade de prezo para abonados e invitacións para as peñas contra o Oviedo Vetusta

16 de Xaneiro de 2023
Xornada 18 vs Oviedo Vetusta
  • O partido disputarase para o domingo ás 17.00 horas no Vero Boquete

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2023

Para a estrea da segunda volta no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, este próximo domingo, ás 17.00 horas, contra o Real Oviedo Vetusta, a SD Compostela saca unha promoción para os seus abonados e peñas, co obxectivo de lograr o maior ambiente posible nas bancadas, un apoio crucial para conseguir os tres puntos.

Con este obxectivo, todos os abonados e abonadas do club poderán retirar, a partir de mañá martes, entradas a metade de prezo para o partido. Estarán dispoñibles para todos os rangos de idade e para ambas bancadas.

As entradas poderán ser retiradas tanto na Oficina do Club, ata o venres, como na Tenda Oficial da Rúa da Raíña, ata o sábado.

Ademais, en agradecemento por fomentar, manter e mellorar a representatividade e a proxección pública do club en todos os ámbitos, as peñas do club poderán retirar invitacións gratuítas para o encontro. Actualmente están rexistradas sete: Fonte Sequelo, Fende Testas, Bancada Picheleira, Irmandade Picheleira, Gato Félix (unión de Os Dous, Lingua Azul, Bótalle Outra e Frente Gaias), Curva Branquiazul e Os Presedo.

Deste xeito, recompénsase o esforzo realizado polas asociacións de afeccionados rexistrados no rexistro interno do club, os cales levan a cabo actos culturais, sociais e gastronómicos portando o escudo e as cores da SD Compostela. Con estes eventos logran atraer a novos simpatizantes e crean comunidades cada vez máis amplas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo🏟️ Comeza a semana para preparar a visita a Coruña#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos estreou a marcadora de vitoria na segunda volta, consolidando o seu liderado, tras superar por 2⃣-1⃣ ao Céltiga F.C no Vero Boquete 👉 sdcompostela.com/gl/2026/02/15/compos-vitoria-segunda-volta/ 📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-1️⃣ Céltiga F.C ⚽️ Armental | ⚽️ ParaparE CHEGOU O AGARDADO TRIUNFO NA CASA, PRIMEIRO DA 2ª VOLTA 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍TRES PUNTOS MOI IMPORTANTES PARA CONSOLIDAR O LIDERADO 💪💪💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeSeguimos ata o final! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.