Damián: “Temos que deixar outra vez a portería a cero para gañar”

18 de Xaneiro de 2023
Ramón Castro, Damián, Xosé Alonso e Miguel Fernández
Damián e Xosé Alonso Cadrado
  • O defensa analizou a primeira volta e o inicio da segunda en Cafés Sabora, o seu patrocinador e do partido ante o Oviedo Vetusta

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2023

Tras acabar a primeira volta con 32 puntos e en terceira posición, a SD Compostela buscará sumar a vitoria, na casa, para iniciar a segunda metade do campionato. Ante o Oviedo Vetusta, os nosos buscarán un triunfo moi importante diante dos seus para seguir prolongando a súa xeira como local.

Esta mañá, o defensa Damián Canedo, analizou como chega o equipo a esta cita na sede de Cafés Sabora, o seu patrocinador oficial e tamén do encontro deste domingo, ás 17.00 horas, no Vero Boquete de San Lázaro.

Valoración da primeira volta. Estamos moi contentos pola primeira volta. Os primeiros partidos custáronnos un pouco máis, logo fómonos adaptando ás ideas do adestrador e creo que nos sentimos moi cómodos co sistema de xogo, que siga así e tirar para arriba ata a primeira posición.

Igualdade da liga. Todos os equipos queren sacar os tres puntos en todos os partidos, van a por todas, sobre todo na súa casa e coa súa afección, polo que nos poñen as cousas moi difíciles, igual que nós a eles cando veñen á nosa casa. Hai que loitar polos tres puntos en cada partido e tirar para adiante.

Oviedo Vetusta. O Oviedo é un filial con moitos xogadores novos, que van con moita intensidade a cada duelo. Polo que vin na primeira volta, tocan moi ben a pelota, son moi verticais e con bos xogadores, que teñen as cousas moi claras.

Recuperar a portería a cero. Levabamos unha xeira de partidos deixando a portería a cero, pero este pasado domingo cometemos un erro que nos custou un gol. En todo caso, cada partido, como di o míster, o importante é deixar a portería a cero para poder sacar os tres puntos, porque así estamos máis preto da vitoria. Temos que seguir traballando a defensa nos adestramentos e demostralo no campo para deixar a portería a cero outra vez e gañar.

Rendemento persoal. Estou moi contento, porque a todos nos gusta xogar. Teño un compañeiro na posición que tamén o dá todo nos adestramentos, polo que lle agradezo ao míster a confianza en min e moi contento por sumar minutos.

 

Así mesmo, o xerente da empresa, quixo destacar o apoio realizado por Cafés Sabora ao proxecto da SD Compostela unha tempada máis. “É un proxecto galego e, sobre todo, de Santiago, polo que sempre estamos aquí para apoialo. Parece que este ano vai moi ben, o cal sempre é bo e esperamos que desta vaia a vencida”, explicou Xosé Alonso.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌 RECORDA a cita que temos mañá en A Grella con 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚, da Canteira Celeste, e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲, adestrador do Galicia de Mugardos!!!Será a derradeira sesión da #composescola desta tempada!!!Agardámoste 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella📚 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒 𝐄𝐒𝐂𝐎𝐋𝐀 📚🙌 PECHE por todo o alto das Xornadas de Formación da #ComposEscola desta Tempada!!!💙 Será o próximo 𝐦𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬 30, nas instalacións de A Grella braseria restaurante do camping As Cancelas de Santiago, e cunha sesión especial, na que teremos con nós a 2 grandes adestradores do Fútbol Galego: 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚 e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲!!!✍️ Agardámosvos!!! 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎𝐒𝐚𝐦𝐮 sufriu o sábado, no partido en Tarazona, un accidente articular no xeonllo esquerdo. Nunha primeira valoración, os servizos médicos informan que semella ter unha lesión no ligamento cruzado anterior, agardando que as probas o confirmen!💪 Moito ánimo, Samu!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.