Nova promoción: entradas a maiores para abonados a metade de prezo

30 de Xaneiro de 2023
Xornada 20 vs Ourense CF
Afección Entradas
  • Trae a algún amigo ou familiar e só pagará a metade do custo da entrada
  • Habilitada pola semana e o día de partido

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2023

O derbi deste domingo no Vero Boquete será de vital importancia para a SD Compostela. Por iso, recuperamos a promoción de entradas a maiores con desconto para os nosos abonados. Trae a amigos ou familiares ao encontro contra o Ourense e só pagarán a metade do custo da entrada.

O equipo necesita o apoio da afección para retomar a senda da vitoria, polo que precisamos o maior ambiente posible no Estadio. Queremos vivir unha nova tarde noite de gloria, con plantel e afección remando xuntos.

Con este obxectivo, todos os abonados e abonadas do club poden retirar, a partir de mañá martes, entradas a metade de prezo para o partido. Estarán dispoñibles para todos os rangos de idade e para ambas bancadas.

As entradas poderán ser retiradas na Oficina do Club, ata o venres, na Tenda Oficial da Rúa da Raíña, ata o sábado; e tamén nos despachos de billetes do Vero Boquete, o propio domingo desde unha hora antes.

Deste xeito, ademais de acceder co teu abono ao partido, quen che acompañe pagará, se vai para Tribuna, 10€ (adulto) ou 5€ (Menor de idade); mentres que se é para Preferencia, 7,5€ (adulto) ou 2,5€ (menor).

Será imprescindible presentar o abono para retirar as entradas con desconto.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos regresou á senda do triunfo na casa cun triunfo solvente contra o Alondras👉 sdcompostela.com/gl/2026/03/14/compos-vitoria-3-0-vs-alondras/📸 Nacho Castaño #composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Vecho⚽️ O segundo adestrador, esta tarde no banco pola sanción a Secho, valorou moi positivamente o labor do equipo na vitoria na casa por 3⃣-0⃣ #composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 3️⃣-0️⃣ Alondras C.F. ⚽️⚽️ Maceira | ⚽️ Parapar (p.)🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍💪 E CHEGOU A BUSCADA VITORIA NA CASA! OS NOSOS REGRESAN Á SENDA DO TRIUNFO!📸 Nacho Castaño #composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeAta o final! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.