Parapar: “Será un partido complicado, pero temos as nosas armas”

14 de Febreiro de 2023
Rubén Freire y Manuel Freire, de Durmet, acompañando a Parapar.
  • O atacante coruñés valorou a previa do partidazo contra o Zamora en Durmet, o seu patrocinador oficial e do encontro deste sábado

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2023

Tras varias semanas sen coñecer a vitoria, a SD Compostela recuperou o sorriso nas dúas últimas xornadas. O equipo conseguiu dous importantes triunfos ante Ourense e Langreo, dous encontros nos que Juan Manuel Parapar partiu como referencia na punta de lanza. O atacante coruñés, que traballa día tras día para adaptarse á súa nova posición, valorou o seu novo rol na previa do partidazo deste sábado.

Nas instalacións de Durmet, o seu patrocinador oficial e do encontro contra o Zamora, Parapar repasou a actualidade do club antes da gran cita no Vero Boquete.

Últimas vitorias. O equipo está a xogar ben e facendo o que ten que facer, porque é importante sumar de tres en tres para estar arriba. Agora xa estamos centrados no próximo partido, contra o Zamora e tentaremos gañar.

Duelo contra o Zamora. Será un partido complicado, como calquera outro, pero temos as nosas armas. Sabemos que será un partido bonito, disputado e que o levará o que mellor estea. Temos que tentar gañar para seguir perseguindo ao líder e conseguir o primeiro posto.

Presenza da afección o sábado. A afección é unha parte moi importante do fútbol. Sempre están animándonos, empúxanos a facer bos partidos e este sábado espero que, unha vez máis, nos axuden a gañar.

Xogar de dianteiro. Síntome ben. Téñome que adaptar, porque nunca xoguei de dianteiro con este sistema. En todo caso, adáptome ao que me pide o míster. Estou a traballar para poder seguir sumando minutos e achegar o que poida ao equipo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

50 minutes ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmado o horario para a xornada intersemanal da próxima semana⚽️ 𝐗𝟐𝟔🆚 UD Barbadás 🗓️ Xoves, 19 de marzo🕠 17:30 horas🏟️ Os CarrísXogaremos o xoves en Barbadás! 🙌#barbadáscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Alondras C.F. ⚽️ Previa do noso técnico antes do regreso dos nosos ao Vero Boquete, este sábado ás 18:00 horas, co obxectivo de regresar á senda da vitoria#composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👨‍⚕️ PARTE MÉDICO Centro Médico Compostela - Grupo SCQ Salud⚽️ 𝐉𝐨𝐚𝐪𝐮𝐢𝐧 𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 As probas realizadas ao noso canteirán confirmaron un desgarro parcial do ligamento lateral interno do xeonllo dereito👉 O mediocentro xa iniciou tratamento e traballo de recuperación, baixo a supervisión dos servizos médicos e de readaptación do clubMoito ánimo, Goris! Volverás máis forte! 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Esta semana agardámosvos o sábado na nosa casa🤝 Partido patrocinado polo ximnasio 𝐂𝐥𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭 𝐂𝐥𝐮𝐛 𝐒𝐂𝐐, "la Fábrica de Campeones" ⚽️ 𝐗𝟐𝟓🆚 Alondras C.F. 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas online! 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#ComposAlondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.