Fabiano: “Temos que ser un equipo ordenado e intenso”

16 de Febreiro de 2023
  • A SD Compostela quere prolongar o seu bo momento, na casa, contra o Zamora

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2023

A SD Compostela buscará prolongar o seu bo momento de forma e resultados este sábado, na casa, contra o Zamora. Os branquiazuis, tras encadear dous triunfos seguidos, queren lograr o terceiro contra un rival duro, que traerá como técnico ao exentrenador compostelanista Yago Iglesias.

Os nosos tentarán repetir a experiencia da primeira volta, aínda que sabendo que será moi complicado. Por iso, Fabiano espera un equipo ordenado e intenso para poder sacar os tres puntos.

Estado do plantel. Algún ten algunha molestia, pero espero poder contar con eles. Quédanos o adestramento de mañá e sábado para decidir, pero espero contar con todos.

Encontro novo respecto á primeira volta. El terá as súas armas, explorará os nosos puntos débiles, nós os seus, haberá axustes, pero ningún cambiará o sistema. Ultimamente, os equipos aos que nos estamos enfrontando están a cambiar os seus sistemas. Algúns presionaban con dous e connosco fano cun, equipos que atacan dunha maneira e cámbiana contra nós. Iso é sinal de que estamos a facer as cousas ben, pero temos que seguir competindo ben, como equipo, ordenados e intensos. Loxicamente, espero algún cambio do Zamora e eles tamén imaxinarán que teremos algunha maneira de xogar para atacar as súas debilidades. O sábado verémolo.

Un partido bonito. Son dous bos equipos. Alí gañamos ben, pero foi un partido difícil, como todos. Loxicamente, será outra historia, será outro partido. Están noutra dinámica, nós tamén. Será un partido igualado, como está a ser toda a liga.

Un rival que domina a posesión. O Raio Cantabria, o Valladolid e eles mesmos son equipos aos que lles gusta ter a pelota. É normal, porque é un equipo ben adestrado, con bos futbolistas, con orzamento grande e teñen que estar metidos aí. A principio de tempada xa contabamos con eles e non está a ser distinto. Empezaron mal, recuperaron, están a xogar ben e a xente que veña verá un bo partido. Dous equipos buscando a vitoria, o que é bo para os afeccionados.

Reforzos do Zamora. Contrataron a Carlos, do Bergantiños, que xa empeza a marcar goles, o outro fixo dous, un xogador de moita calidade. Sinceramente, vexo un equipo moi forte en todas as liñas e temos que ser un equipo ordenado e intenso. Loxicamente, eles fixeron fichaxes para mellorar o equipo, fixérono, por iso que os resultados lles están chegando.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.