Fabiano: “Temos que iniciar o partido moi forte”

24 de Febreiro de 2023
  • A SD Compostela quere sumar os tres puntos en Guijuelo para seguir a persecución do líder e separarse dun rival directo

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2023

A SD Compostela visita ao Guijuelo este domingo coa misión de seguir no alto. Os nosos queren os tres puntos para continuar a persecución do líder e escapar dun rival directo. Un encontro complicado, nun campo de herba artificial, no que a clave para Fabiano estará en saír moi enchufados.

Repaso da semana. Foi unha semana boa de adestramentos. Estou contento coa maneira na que adestramos. A priori só temos a baixa de Jordan, polo que estamos tranquilos.

Situación dos porteiros. Sendo sinceros, Pato lesionouse xogando, o domingo anterior, na primeira parte. Loxicamente, pedín ao club un porteiro novo para ter polo menos dous porteiros. O porteiro do filial que está a xogar, non pode xogar, porque ten máis de 23, polo que chamamos a Chanza, un rapaz que ten moito futuro, pero aínda moi mozo para partidos coma estes. Non conseguimos, veu Chanza e contento, porque o rapaz estaba ilusionado e porque ten boas condicións.

Solucións na portería. Os xogadores condicionan a maneira de xogar. Queiras ou non, a maneira de xogar de Pato e Borja condiciónache sen querer, pero condiciónache. Temos que solucionar os problemas, como viñamos facéndoo antes, porque o fútbol non che dá oportunidades, as solucións teñen que ser para onte, non para mañá. Cando gañamos 0-3, ao acabar o partido, xa comentei que había que traer un porteiro, pero non fomos quen. Borja levaba tres anos sen xogar e loxicamente, queira ou non, non lle ía a expoñer o equipo, principalmente, porque Chanza estaba no banco. Chanza ten calidade para xogar, pero é un rapaz que igual, se ten que entrar, poñémolo nun compromiso e queima etapas. Por iso, condicionamos a maneira de xogar, pero esta semana xa un pouco mellor. Agora, toca esperar. O club comentoume que hai un porteiro con negociacións avanzadas, fenomenal, polo que teremos a Chanza, a Borja e seguramente a un novo porteiro a próxima semana.

Gañar sempre. A miña palabra asínoa no campo. Non estou en Disneylandia. No Compostela mamei o fútbol profesional e ten que doer perder. Se o adestrador di unha cousa, por algo será. Aos xogadores díxenlles na cara, que non iamos expoñer o equipo, porque Borja levaba tres anos sen xogar. Borja é bo porteiro, pero non podiamos poñelo nun compromiso. Esta semana é outra cousa. Sigo coa miña liña ata o final. Eu non veño aquí para perder un partido. Podo equivocarme ou triunfar coas miñas ideas e os meus xogadores, pero quero gañar sempre.

Cambios no once. Sinceramente, falei con Jaime. Vén de moito tempo sen xogar, deille minutos nos dous últimos partidos, non estará ao 200%, como me gustaría, pero os problemas viñámolos arranxando desde principio de tempada. Agora témolo outra vez, nunha posición carente, que nos fai falta, e creo que Jaime pode cumprir perfectamente a baixa de Jordan. Non está ao 100%, pero si nunha porcentaxe alta. Estou contento con como adestrou, fíxoo ben, os compañeiros tamén están contentos con el e fenomenal. Sae Jordan, entra el e sen ningún problema.

Dureza do rival. Non hai inimigo fácil. Cando xogaron aquí non encaixaran ningún gol, seguen levando pouquísimos goles en contra e é un conxunto moi forte. Non teñen un xogador que destaque tanto, pero é un conxunto moi ben adestrado e moi complicado. Ademais, é un campo ao que non estamos afeitos. Esta semana adestramos en artificial, a última saída tamén foi a un campo así e estamos preparados. Temos que iniciar o partido moi forte, porque senón imos ter problemas, porque é un dos equipos máis fortes da categoría.

Potencial do Guijuelo. Temo o bloque, porque é moi forte defensivamente e cando ataca faiche dano. Temos que explotar as súas poucas debilidades e tentar neutralizar os seus puntos fortes, que adestramos aquí para non sufrir o domingo. A clave estará en que o Compostela inicie o partido con moita intensidade, non ter sorpresas e a ver se somos quen de dobregalos. Se non entras moi intenso desde o minuto un, xa o tes moi complicado de gañar.

Persecución do Arenteiro. Matematicamente, mentres haxa oportunidades e sendo o Compostela, non podes renunciar a buscar o primeiro posto. Es o Compostela, hai unha historia por detrás e non temos que baixar a garda. Debemos loitar ata o último momento e teño confianza no meu equipo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Quérote Compos 📲👉 sdcompostela.compralaentrada.com🎥 Agradecemento especial a Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Bo Nadal, compostelanistas 🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎫 O número do Compos, o 4⃣8⃣.0⃣7⃣1⃣, foi agraciado na Lotaría de Nadal cun premio de 5€ por euro xogado🎟️ Pódese recoller xa o premio das participacións, dende hoxe, na nosa Tenda Oficial da Rúa da Raíña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ Antón Permuy🗣️ Declaracións do técnico do Compos trala derrota en Valladolid#rvpromesascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋Real Valladolid C.F. S.A.D Promesas 1⃣-0⃣ COMPOS#rvpromesascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.