Javi Jiménez, experiencia para a portería da SD Compostela

24 de Febreiro de 2023
Javi Jiménez, nova fichaxe da SD Compostela.
  • O veterano porteiro conta cunha gran experiencia no fútbol nacional e firma ata final de tempada

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2023

Javi Jiménez Camarero (Logroño, 08/06/1987) é novo xogador da SD Compostela. O veterano porteiro, que se atopaba sen equipo, firma ata final de tempada. Con experiencia en Primeira e Segunda División, o arqueiro chega para suplir a baixa de Pato Guillén.

O novo porteiro do Compos conta cunha dilatada traxectoria profesional no fútbol nacional. Aos seus 35 anos, destaca por ser un porteiro de grandes calidades, con gran experiencia, moi seguro baixo paus e con capacidade para sacar o balón xogado. Por iso, decidiuse afrontar a súa fichaxe.

O veterano meta chega tras unha última etapa no Surkhon Termiz da Primeira División de Usbequistán, a campaña pasada.

Anteriormente, fixo carreira en España. Tras saír da canteira do Alavés, pasou polo Valladolid, Real Murcia, Levante, Alcorcón, Elche, Huesca, UCAM Murcia, Atlético Sanluqueño, Algeciras e Salamanca UDS.

Dada esa traxectoria, acumula un gran currículo no fútbol nacional. Conta con dous encontros disputados en Primeira División, nas filas do Levante; seis de Copa do Rey, con Alcorcón, Levante e Murcia; 130 en Segunda División, con Valladolid, Murcia, Alcorcón e Elche, dous deles de ascenso a Primeira. Do mesmo xeito, das súas últimas etapas, sumou outros 58 encontros na Segunda División B.

Con esa gran bagaxe chega a Compostela para reforzar a portería branquiazul e competir por un posto no once con Borja Rey. Javi Jiménez aterrará na capital galega este próximo domingo e poñerase ás ordes de Fabiano, tras superar o recoñecemento médico, o luns, co obxectivo de estar dispoñible para o derbi contra o Lugo B.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.