Fabiano: “O importante agora é a unión do equipo e a afección”

17 de Marzo de 2023
  • Fabiano alertou da importancia de que a bancada apoie aos nosos, para que o Compos poida sumar os tres puntos no derbi

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2023

Tras un empate e unha derrota nos dous últimos derbis, o Compos quere regresar á senda triunfal este domingo, ás 19.00 horas, contra o Bergantiños. Despois de senllos tropezos, aos que o técnico resta importancia polo bo comportamento do equipo, Fabiano agarda recuperar o bo camiño no derbi. Para iso, ten claro que o apoio da afección, desde o primeiro ata o último minuto, resultará fundamental.

Estado do plantel. Temos problemas con Damián e Darío, e non sei se chegarán. Se xogan, fenomenal, e se non xogan, fenomenal tamén, porque neses postos hai xente moi capacitada para dar o mesmo rendemento que dan eles. Un é un golpe e o outro é outro golpe, que lle provoca unha pequena molestia, pero agardo que estean todos aptos para o partido.

Momento para estar unidos. O outro día tes posibilidades de gañar, pero atopámonos un gol parvo, cunha perda por dentro e o porteiro que se escorrega. En todo caso, o equipo xogou ben e tivemos unha ocasión con Mario que podería decidir xusto antes. O equipo deu a cara, polo que, se perdes facendo as cousas ben, pódese perder. Loxicamente, o Compostela ten que gañar sempre, por historial, xogadores e as gañas que temos, pero o importante agora é non lamentarse do de atrás. Hai que mirar para adiante e mellorar.

Apoio da afección. Só lle pido á nosa afección que nos empuxe e que nos axude. O importante agora é a unión do Compostela, do equipo e a afección, para acabar a tempada ben e despois dar o salto á seguinte categoría.

Enfrontarse a rivais que se repregan. Se non tivésemos ocasións de gol, sería outra cousa, pero o outro día eles baixaron a liña, metidos atrás para defender o 1-0, e tivemos unha clarísima con Allyson, tivemos con Mario ou unha de Samu que puido apurar un pouco máis. O equipo crea. Aquí contra o Lugo, xogamos moi precipitados por querer gañar, pero tamén creamos ocasións, como a que sacou Fer na liña de gol ou a de Parapar, que sacou o porteiro co pé e que despois Antas case a mete. O problema sería se non crease, pero se o equipo crea, non o vexo preocupante. Se o rival vén defender, para min mellor, porque temos calidade para solucionar o peche do equipo contrario. Falta acerto, porque antes metiamos sempre, pero levamos dous sen pode. A ver se neste somos quen de marcar gol. Falta a tranquilidade de empuxala para dentro, porque crear, creamos.

Chega o momento da verdade. Confío no meu equipo e veña como veña o rival, está ben, hai que respectalo. Temos que mirarnos a nós, como estamos, xogar intensos e con orde para superar aos rivais, porque faltan nove partidos e vén o máis difícil.

O Bergantiños. O Bergantiños creo que está a ter un pouco de mala sorte. Nos partidos que analizamos, por exemplo, contra o Raio Cantabria, ían gañando, con boas sensacións, pero un erro puntual condiciónalles o marcador. O partido pasado, o mesmo. Cando entras nunha dinámica negativa, a confianza non é a mellor e calquera ataque do contrario créache problemas. É un equipo valente, que xoga sempre a gañar, na casa ou fóra, e ben adestrado. Espero un equipo así, con bos futbolistas e a ver se somos quen de dobregalos.

Estilo do rival. O outro día xogaron con liña de cinco na primeira parte e despois de catro, en Cantabria con liña de catro, pero presionando arriba. Xogando con liña de cinco ou de catro, son xente que presiona arriba, que son valentes, polo que, máis aló do que eles fagan, temos que dominar o partido, con intensidade e orde para gañar. Polo que vexo, poñerannos as cousas difíciles e temos que pedir a axuda da xente, que apoien ata o final. Necesitamos que nos empuxen ata o minuto 90 para dobregar a un rival ao que os resultados non lle están acompañando, pero que é valente e ordenado.

Resultados contra rivais de abaixo. Os partidos grandes motivan máis que contra equipos pequenos. Entras máis relaxado e igual pagas o prezo de non saír tan intenso. Aí estamos nós para mentalizalos e alertalos. Temos que pedir adrenalina, porque estamos segundos, na parte alta da táboa. Sinceramente, quizais fallamos partidos por entrar algo máis relaxados, polo que temos que mellorar nese aspecto e estamos encima para poder facelo. Necesitamos puntos e iso é o que queremos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
𝐌𝐀𝐓𝐂𝐇𝐃𝐀𝐘 🩵🤍🙌💪 A POLO DERBI!x11 🆚Bergantiños FC - Escuelas Luis Calvo 🕔 17.00🏟️ As Eiroas🎟️ Entradas 👉 15€ (Despacho de Billetes)📺 En Xogo #bergancompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 🆚 @berganfc_escolaslcs📋 @antonpermuy🩵🤍 Lista dos nosos para o derbi de mañá en Carballo ✅️ Volve Pablo Antas ❌️ Quedan fóra por lesión Diego e Hugo Matos; e Giuliano por sanción #bergancompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🏆 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋 #CopaRFEF 🙌 QUEREMOS A COPA!🆚 CD Extremadura🔜 13 de novembro🕗 20.00🏟️ Francisco de la Hera #extremaduracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐑𝐝𝐏 Previa 🆚 Bergantiños FC - Escuelas Luis Calvo 🎥 𝐀𝐧𝐭𝐨𝐧 𝐏𝐞𝐫𝐦𝐮𝐲 | 𝐎𝐜𝐚𝐧̃𝐚 🗣️ Adestrador e xogador analizaron o derbi deste sábado nas Eiroas⚽️ Falaron da recuperación física do equipo, a confianza lograda coas vitorias e apuntaron as claves do partido#bergancompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🏆 XA TEMOS RIVAL PARA A FINAL DA #CopaRFEF⚽️ Medirémonos a próxima semana ao @cdext1924🗓 13 de novembro 🏟 Francisco de la Hera#extremaduracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.