Dani Noya e Jorge Sálamo, fixos na Selección Galega Sub16

28 de Marzo de 2023
Selección Galega Sub16 celebrando o pase á Fase Ouro.
Dani Noya e Jorge Sálamo.
Selección Galega Sub16 celebrando a clasificación para a Fase Prata.
  • Os xogadores do Cadete A do Conxo Santiago participarán na Fase Final do Campionato de España

Santiago de Compostela, ao 28 de marzo de 2023

Dani Noya e Jorge Sálamo volven estar presentes nunha nova convocatoria da Selección Galega Sub16. Ambos xogadores, en categoría cadete, participarán na Fase Final do Campionato de España, que se disputará en Valencia, co obxectivo de revalidar o título autonómico.

Os futbolistas do Cadete A do CD Conxo Santiago estiveron presentes en todos os adestramentos e partidos disputados ata a data polo cadro rexional. Ademais, ambos tiveron unha gran presenza nos encontros das anteriores fases.

Cabe lembrar que Galicia chega ás semifinais nacionais tras superar a Fase Prata, celebrada en Adeje, e pasar a Fase Oro, disputada en Cádiz. Nesta segunda, na que se enfrontou a Madrid, País Vasco e Andalucía, logrou senllas remontadas épicas, nos últimos minutos, para conseguir o pase ás semifinais.

Agora mediranse á selección catalá, con Dani e Jorge no equipo, en busca do pase á gran final.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA SAÍDA CONFIRMADA⚽️ Xornada 12🆚 Deportivo Alavés B 🗓️ Domingo, 22/11🕛 12:00 horas🏟️ CD José Luis Compañón - Ibaia 3#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.