Mario Rodríguez: “Estamos moi motivados para sacar os tres puntos en casa e coa nosa xente”

31 de Marzo de 2023
Jesús García, gerente de Ulla Oil, y Mario Rodríguez, durante la presentación.
Miguel Fernández, Mario Rodríguez, Jesús García, gerente de Ulla Oil, y Ramón Castro en Ulla Oil.
  • Mario Rodríguez pediu o apoio da afección para este gran derbi no Vero Boquete, patrocinado por Ulla Oil

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2023

Nas instalacións de Ulla Oil, o seu patrocinador oficial e do derbi deste domingo, Mario Rodríguez valorou o gran partido que enfrontará ao Compos, no Vero Boquete, contra o líder, un Arenteiro intratable.

O autor do tanto que deu a vitoria aos nosos no Carballiño falou da importancia de sumar o triunfo neste partidazo, xa non só polos tres puntos importantísimos, que tamén, senón pola golpe anímico que supoñería, tras varias semanas sen sumar o triunfo. Para iso, o atacante barcelonés pediu o apoio da afección.

Gañar outra vez ao Arenteiro. Esperamos ter a receita para superalos. Para nós é un partido máis, igual de importante que o resto. En todo caso, ten o incentivo de ser contra o líder, un equipo ao que fomos quen de gañarlles alí. Estamos moi motivados e con moitas gañas de sacar os tres puntos, que os necesitamos, sobre todo, sendo na casa e coa nosa xente.

Clave para marcar gol. Penso que a clave está en nós mesmos, en ter o día, estar inspirados e ter as ideas claras. Creo que estamos a adestrar moi ben, preparando o ataque, porque estas últimas semanas está a custarnos, aínda que tamén é certo que nas segundas voltas os partidos son máis complicados e máis pechados. A clave está en nós, que teñamos un bo día e estou convencido de que así será. Estou convencido de que poderemos facer, polo menos, un gol e oxalá sexa para gañar tamén.

Apoio da afección. Para nós é moi importante que a xente veña e que nos apoie, sobre todo agora, co que pasou estas semanas. Polos resultados que estamos a ter é cando máis os necesitamos e espero que veña a máxima xente posible a animarnos e apoiarnos para conseguir os tres puntos.

Posición no campo con Cardeñosa. Varía o que teño que facer dentro do campo e a posición na que estou. Agora sigo estando arriba, pero un pouco máis atrasado e escorado. En todo caso, a miña mentalidade non cambia, o que busco é o ben do equipo, xa sexa asistindo ou facendo gol, que é o meu traballo. O traballo que estamos a facer é para iso, para asimilar os novos conceptos e espero que o domingo poida saír todo o mellor posible.

Rendemento individual esta tempada. Estou contento. Si que é certo que estas últimas semanas está a custarme un pouco máis. Cada partido é un mundo, levo bastantes minutos acumulados e iso tamén pesa un pouquiño, pero estou tranquilo. A tempada é boa, sobre todo, a nivel colectivo, que é o importante, e espero que de aquí ao final poidan ir as cousas ben, tanto a nivel individual como grupal, e que podamos cumprir o obxectivo que temos, que é o máis importante.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.