Cardeñosa: “Cremos que é o partido ideal para cambiar a dinámica, resarcirnos e encarar a recta final con confianza”

31 de Marzo de 2023
  • Cardeñosa analizou a previa do partidazo contra o Arenteiro en Hyupersa Santiago, patrocinador da Fan Zone de CINEMA
  • Os nosos agardan recuperar a senda da vitoria neste gran derbi

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2023

As instalacións de Hyupersa Santiago, patrocinador da Fan Zone de Cinema que se levará a cabo este domingo no Vero Boquete de San Lázaro, acolleron esta mañá a rolda de prensa de Cardeñosa, previa ao gran derbi contra o Arenteiro. O técnico, acompañado por Guillermo Mouronte, xerente do concesionario, analizou o partidazo.

Agárdase a mellor entrada da tempada, cun milleiro de afeccionados que chegarán do Carballiño, e moitos máis de Santiago, posto que a promoción adicional de entradas para abonados marcha a moi bo ritmo. Ademais, as actividades programadas para a previa e postpartido, apoiadas polo concesionario compostelán, animarán o ambiente desde as 13.00 horas.

Por iso, Cardeñosa considera que para o duelo contra o líder intratable danse todos os alicientes para cambiar a dinámica do equipo. Agarda ver un Compos dominador, capaz de ler os momentos do partido e que, co apoio da afección, marque, polo menos, un gol máis que o rival.

Estado do plantel. Recuperamos a Darío, coidámolo un pouco ao principio da semana, porque non queríamos que pasara de 0 a 100 en tan pouquiño tempo. Logo perdemos para esta fin de semana, canto menos, a Jaime, que levou un golpe na cadera e estamos a expensar de facerlle probas para saber se non é moi grave, pero este domingo pérdeo seguro. Damián estase recuperando moi ben, ten moi boas sensacións, pero temos que seguir coidándoo. E tamén recibimos unha moi boa noticia con Pato, porque onte fixémoslle unha ecografía de control e vai moi ben, moito mellor do que se esperaba e seguramente o recuperemos antes de acabar a tempada.

Sanción a Fer e regreso de Antas. Todos somos importantes. Botaremos de menos a Fer, igual que botamos de menos a semana pasada a Antas. Como digo, esta é unha cousa de todos e cantos máis xogadores estean en dinámica e cantos máis estean dispoñibles para axudar, mellor. Os xogadores que sairán, tanto de inicio como do banco, non me cabe dúbida de que darán o 100% e están capacitados para dar un bo rendemento.

Traballo de ataque. Incidimos en todo. O comentario de Mario debeuse a que o adestramento de onte si que lle dedicamos un pouco máis de tempo aos momentos con balón, pero hoxe traballamos tamén os momentos sen balón. No fútbol tes que controlar e saber levar a cabo todos os momentos: cando tes ou non o balón; cando o rival che obriga a meterte atrás e tes espazo para correr; cando queres ir a apertar alto para roubar e facer dano; cando o rival che aperta arriba e tes que buscar solucións para superar esa presión; cando o rival che da campo, se reprega e tes que ter ferramentas e solucións para facerlle perigo… O fútbol, tal e como eu o entendo, é un todo e non é traballar máis un aspecto que outro, todos son importantes.

O rival. Do Arenteiro destaco todo. Solo fai falla ver os seus números para darse conta que é un equipo ao que é difícil de facerlle gol e que ten formas de marcar de moitas maneiras: xogando directo e gañando o segundo balón; saíndo con accións combinadas, cargando as bandas; e sácalle moitísimo partido ao balón parado, sobre todo naqueles partidos que máis lle custaron foi quen de sacalos coa estratexia, o cal é importantísimo. Sabemos, como non pode ser doutra maneira, que será un equipo difícil, pero tamén cremos que é o partido ideal para cambiar a dinámica, para resarcirnos e para encarar este final de temporada con confianza e da mellor das maneiras.

Un posible partido de poucos goles. A prior, vendo os números, si que pode parecer que sexa un partido de poucos goles, pero nos encontros pasan moitas cousas. Eles tamén teñen algún resultado de empatar 2-2 ou de goles. Nós o que imos intentar é levar o partido ao noso terreo, que pasen a maior parte de minutos as cousas que nós queremos que pasen, levar o noso plan de partido e, a partir de aí, o primordial será marcar máis goles que eles. Se ten que ser 1-0, firmamos, se ten que ser un 3-2, tamén firmamos.

Un Compos dominador. A min, os partidos abertos nos que non hai control, non me gustan. É importante que o equipo, en todo momento, teña o control do que está pasando, máis alá de que sexa unha cousa ou outra, e iso é o que intentaremos facer. Creo que o Compostela ten condicións e xogadores para ser quen de ter o balón, apertar alto e para ser dominador. Pero tamén creo que ten xogadores para, nun momento dado, xuntar liñas e aproveitar os espazos que deixa o rival, correndo e facendo perigo por aí. Isto último é unha das cousas que mellor levamos facendo durante toda a tempada e, por suposto, non queremos perdelo, porque me parece moi importante.

O que che gustou do equipo en Cantabria. Sen lugar a dúbidas, o que máis me gustou foi a predisposición e a actitude dos rapaces, foi de 12. De feito, creo que se reflexa totalmente na celebración do gol. A partir de aí, en canto a aspectos puramente futbolísticos, creo que se comezaron a ver certas cousas que traballamos, nas que temos que profundizar e que queremos que pasen durante máis minutos no partido. Por exemplo, cando a Gimnástica se repregaba, fomos quen de facer boas circulacións, mover rápido o balón dun lado para o outro e de encontrar a xente en espazos intermedios. E logo tamén fomos, en momentos dados, por obrigación do rival ou porque demos un paso atrás, correr e facer dano por aí. De feito, o outro día, as ocasións máis claras chegan transitando e correndo ao espazo e por aí queremos seguir traballando.

Aspectos a corrixir. Quizais, o que menos me gustou, do cal xa falamos e creo que nos vai servir de aprendizaxe, foi o non saber ler os tempos de partido. Poste nun campo tan complicado, como é o da Gimnástica, 0-1, minuto 80, por suposto que é fútbol e que che poden facer gol, de feito, é un golazo, pero o que non poden é facernos un gol por sacar rápido unha acción. Hai que ser un equipo moito máis maduro, durmir o partido e levalo ao noso terreo. Ao final, son aprendizaxes e seguramente nos sirva para que non volva a pasar se nos encontramos nun escenario parecido. En todo caso, en liñas xerais, estou contento co partido que fixemos e, sobre todo, coa actitude dos rapaces.

O ambiente do derbi e como pode influír. Ten que ser un aliciente. Os que estamos no fútbol, xa sexa de adestrador ou xogador, é porque nos gusta e se che gusta, canta máis xente haxa no campo, canto máis importante sexa o partido, canto mellor sexa o escenario, máis debería de motivarnos. Sabemos que vai vir moita xente do Carballiño, gustaríanos que tamén viñera xente de Santiago. Non solo que veña, senón que estea co equipo, que nos fagamos sentir máis que eles e, a partir de aí, é un partido ao que lle temos moitas gañas. Consideramos que é o escenario perfecto para cambiar a dinámica e para resarcinos, sobre todo despois de todas as cousas que pasaron estes días, co que pasou arredor, porque moitas cousas das que se din non son verdade. Por iso, o equipo tamén está un pouco enrabiado, nese senso, e quere que este partido sexa un antes e un despois para encarar esta recta final da mellor das maneiras, con confianza para chegar ao playoff coa frecha para arriba.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Arosa SC 🩵🤍 Os nosos para o gran encontro de mañá ás 17:00 horas na Lomba✅ Regresa Goris, tras superar a súa lesión, e entra Iván, da Canteira Picheleira 👉 Queda fóra Valín, por lesión#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Imaxes do último adestramento desta mañá💪 Preparados para a gran cita de mañá en VilagarcíaImos con todo!! 🩵🤍🩵🤍📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analiza o importante encontro de mañá na Lomba, no que os nosos buscarán recuperar o liderado#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🫂 XUNTOS!Este domingo, co voso apoio, imos a polo triunfo en Vilagarcía!Todos xuntos somos máis fortes! 🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
💫 O III Foro "Tecnoloxía e Deporte", organizado pola SD Compostela, leva ao Museo Das Peregrinacións, este próximo venres 17 de abril ás 19:00 horas, unha interesante xornada sobre envellecemento activo e exercicio físico Un evento, con acceso gratuíto ata completar aforo, no que contaremos coa participación de dous referentes ao máis alto nivel como son: 🎾 Joan Forcades, preparador físico de Rafael Nadal e Carlos Moyá 👟 Guillem Mascaró, preparador físico especializado en ultrafondo e trail running 👉 Esta nova cita xirará arredor do coñecemento e a innovación aplicada ao deporte, centrándose especialmente na relación entre exercicio físico, calidade de vida e avances tecnolóxicos Unha oportunidade única para coñecer unha visión de máximo nivel sobre rendemento e saúde, da man de dous referentes a nivel nacional nesta área Desta forma, seguimos abordando como a tecnoloxía está a revolucionar o campo do deporte e da saúde, da man de expertos de recoñecido prestixio Tralo éxito das pasadas edicións, nas que contamos con Enrique García Clavijo, Ezequiel Mosquera, Miguel Verdes, Miguel Ángel Leal e Lalo García, convidámoste a esta nova entrega do foro, na que contamos con patrocinio da Xunta de Galicia, do #Xacobeo2027, o Museo Das Peregrinacións e de Santiago e #PlexusSport🗓️ Venres, 17 de abril🕖 19:00h📌 Museo das Peregrinacións🎟️ Acceso gratuíto ata completar aforo🙌 Agardámoste! #tecnoloxía #deporte #innovación #envellecementoactivo #preparadorfisico #calidaddevida #tech #tenis #ultrafondo #Santiago ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.