O Compos cae inmerecidamente contra o líder

2 de Abril de 2023
Allyson celebrando o seu primeiro gol co Compos.
Once da SD Compostela contra o Arenteiro.
  • Os branquiazuis adiantáronse, dominaron a contenda en gran parte do encontro, pero acabaron caendo ao final

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2023

O Compos non puido sumar contra o líder. Os branquiazuis, a pesar dos seus merecementos, acabaron caendo contra un Arenteiro ao que lle sae todo. Os nosos adiantáronse no marcador, repuxéronse do empate, pero, tras unha segunda parte de dominio compostelanista, a contenda levouna o Arenteiro despois dunha rigorosa expulsión e de dous tantos nos últimos minutos.

Tras unha previa vivida a todo volume, cunha Fan Zone que cumpriu as expectativas, o Compos saltou moi enchufado, cunha marcha máis que o seu rival e iso marcou o que pasou nos primeiros minutos.

O debut de Cardeñosa no banco na casa non puido comezar mellor. No minuto 4, tras un córner que se escapou por moi pouco, nun segundo saque de esquina, chegou o esperado gol. Allyson gañou por arriba o lanzamento de estratexia, tocouna un defensa e a pelota regresoulle ao ariete brasileiro que fusilou a pelota ao fondo da rede.

Tiña o Compos o partido onde quería, pero o Arenteiro deu un paso adiante, demostrou o seu nivel e comezou a merodear a área de Javi Jiménez. O porteiro, de novo no once titular, sacou, por dúas veces, senllos remates en área pequena dos visitantes, o último deles atrapando a pelota na liña.

Con todo, á terceira, o Arenteiro atopou o premio. Un excompostelanista como Jordan Sánchez realizou unha extraordinaria xogada en banda dereita, marchándose de varios rivais e pondo un centro raso perfecto que empalou, de primeiras, Escobar, 1-1.

Coas táboas no marcador, os nosos volveron recoller a batuta do encontro, capaces de ter a posesión, mover ao rival, aínda que sen profundidade. Por iso, chegouse ao intermedio co empate citado.

Á volta dos vestiarios, calcando o arranque do partido, o Compos, con Cano de referencia, volveu saír dominador. Poboando o centro do campo, os branquiazuis conseguiron acantoar ao Arenteiro, manexando a pelota en zonas de perigo. A pesar de todo, e á rapidez de movementos coa pelota, faltaba algo de claridade nos últimos metros.

Deste xeito, xa con Elliot sobre o verde, tería a súa opción o Compos cun disparo de Martín que atrapou en dous tempos Diego.

Xogábase ao que quería o Compos e estaba todo controlado, con todo, nunha acción moi polémica, no minuto 79, o colexiado decidiu sacar a segunda amarela a Roque. O lateral, que acababa de recibir a primeira, gañou o esférico nun duelo polo chan, pero o árbitro decidiu decretar falta e non só iso, xa que o expulsou.

Cun máis sobre o campo, o Arenteiro non conseguía xerar aparente perigo, aínda que, nunha nova mostra da súa efectividade, atopou outro gol no 87. Co balón no balcón da área, Manín recibiu ás costas da zaga e cruzouna ao segundo pau para que Escobar, só, só tivese que empuxala á rede.

Non se veu abaixo o Compos que tentou reporse e buscar o tanto á desesperada. Probouno Elliot, no 89, cun disparo axustado que se escapou por moi pouco. E xa no desconto, a máis clara. Centro perfecto ao segundo pau do canario, toque de Cano para pola na área pequena e Darío, chegando de socato, non conseguiu conectar coa pelota, cando tiña todo para marcar. Un defensor quitoulla no último segundo, impedindo o remate do dianteiro.

E do que puido ser o empate, pasouse ao 1-3. Tras o saque de esquina desa acción, perdeuna o Compos, arrincou a moto Joseca e cedeuna para Ger, no man a man, para que marcase a portaría baleira.

Por tanto, o partido acabouse con esa acción e os puntos marcháronse para un Arenteiro ao que lle sae absolutamente todo. Derrota inxusta para o nivel mostrado polos nosos. Tocará reporse, seguir traballando duro e encarar, o vindeiro domingo, outro duelo clave contra o Real Avilés Industrial.

FICHA TÉCNICA

1- SD COMPOSTELA: Javi Jiménez; Roque, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Martín; Samu, Pablo Antas; Parapar (Darío, m.86), Jordan (Elliot, m.67), Mario Rodríguez (Riki Mangana, m.83); e Allyson (Cano, m.46).

3- CD ARENTEIRO: Diego García; Jordan, Ger, Pol Bueso (Vitra, m.71), Joseca; Adrián Cruz, Álex Fernández; Pibe (Rafa Mella, m.85), Curro (Marquitos, m.71), Romay (Manín, m.80); e Escobar.

GOLES: 1-0: Allyson, min.4; 1-1: Escobar, min.22; 1-2: Escobar, min.87; 1-3: Ger, min.90+4.

ÁRBITRO: Crespo Puente (Cantabria). Expulsou a Roque (m.79), por dobre amarela. Ademais, amoestou a Allyson e Pablo Crespo, polo Compos; e a Álex Fernández e Escobar, polo Arenteiro.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 28 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputada ante 2.712 espectadores. Antes do encontro celebrouse unha Fan Zone con orquestra, polbo e moitas actividades, nas que participaron centenares de afeccionados de ambos equipos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Regresamos á nosa casa este sábado e queremos a vitoria 💪🩵🤍🤝 Partido patrocinado polo Mercado de Abastos de Santiago🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na web#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Semana de liga na nosa casa! 💪Os nosos descansan hoxe e regresarán mañá aos adestramentos para preparar o encontro deste sábado no Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
✍️🩵🤍 CRÓNICA O Compos asalta O Vao e logra o seu primeiro triunfo a domicilio da tempada ⚽ Os nosos fixeron un partido moi completo e conseguiron unha importante vitoria grazas a un penalti provocado e transformado por Buba📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Hoxe foi un gran día 😍 #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #CoruxoComposAnálise do adestrador do Compos despois da gran vitoria dos nosos no derbiO técnico valorou a importancia deste triunfo, as claves do encontro e as sensacións que lle deixou a vitoria no Vao ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.