Juan Carlos Andrés, novo adestrador da SD Compostela

5 de Abril de 2023
Juan Carlos Andrés, novo adestrador da SD Compostela no Estadio Verónica Boquete.
  • Cardeñosa será o segundo adestrador do técnico vigués

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2023

Juan Carlos Andrés (Vigo, 11/02/1975) é o novo adestrador da SD Compostela. O técnico vigués, con experiencia na Primeira División como segundo de Eusebio Sacristán, súmase ao equipo esta mesma mañá e xa dirixirá ao Compos esta fin de semana contra o Real Avilés Industrial.

O técnico vigués, de 48 anos, firma ata final de tempada e poñerase á fronte do corpo técnico branquiazul, no que contará con Cardeñosa como segundo adestrador. Deste xeito, Juan Carlos Andrés regresa aos bancos tras un período afastado dos mesmos.

Na súa traxectoria como adestrador, que comezou coa maioría de idade, Juan Carlos Andrés conta cunha dilatada experiencia na Preferente e Terceira División, vinculado a clubs da zona viguesa.

Así, tras pasar polas categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo e da Federación Galega de Fútbol, saltou aos equipos sénior no Gondomar, de Terceira, no que estivo dúas campañas. Posteriormente, pasaría, por esta orde, polos bancos da Gran Peña, tres tempadas; Alondras, catro anos; Rápido de Bouzas, cinco campañas; e CD Boiro. No devandito periplo, destacou a consecución de dúas fases autonómicas da Copa RFEF, con Rápido e Boiro.

Tras pasar polo Barbanza, asinou na Selección Galega de Fútbol como técnico do equipo amateur. Con todo, cando levaba un mes no cargo, recibiu a chamada de Eusebio Sacristán para sumarse ao seu corpo técnico.

Co técnico valisoletano compartiu tres tempadas e media na Primeira División. As dúas e media primeiras na Real Sociedade, unha delas disputando competición europea, e a última no Xirona.

A SD Compostela dálle a benvida ao club e deséxalle a maior das sortes para este reto. Co equipo en cuarta posición, os nosos buscan a clasificación para o playoff de ascenso, no que queren loitar polo salto de categoría á Primeira RFEF.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.