Pablo Crespo: “O playoff é ilusión e queremos facer algo grande”

16 de Maio de 2023
Miguel Fernández, Pablo Crespo, Ramón Salgado e Ramón Castro en Limpiezas Salgado
Pablo Crespo con Ramon Salgado para presentar o playoff do Compos
  • Pablo Crespo analizou a primeira eliminatoria en Limpiezas Salgado, o seu patrocinador e do partidazo do domingo contra o Tarazona

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2023

A primeira semana de playoff está en marcha e os nosos teñen toda a atención centrada no partidazo que se xogará este domingo ás 12.00 horas, no Vero Boquete de San Lázaro, contra o Tarazona. O Compos quere comezar con bo pé e para iso necesita sacar un resultado positivo na súa casa.

Esa é a misión, tal e como destacou Pablo Crespo en Limpiezas Salgado, o seu patrocinador oficial e da ida da primeira eliminatoria de playoff.

O central cántabro, que espera estar dispoñible para a gran cita, pediu o apoio da afección, porque, explicou, é un factor diferencial neses momentos malos que hai en todas as eliminatorias. Remarcando que o duelo se decidirá por pequenos detalles, subliñou que o equipo ten ilusión e ambición para facer algo grande.

 

Valoración do momento persoal e do Compos.

 

Estado físico. A ilusión de poder xogar un playoff está aí, porque non se xoga todos os días. Levo unhas semanas un pouco dorido no xeonllo, pero espero poder axudar ao grupo e poder adestrar esta semana.

O Tarazona. O sorteo foi ás 12 e tampouco falamos moito. O único, vimos as estatísticas. Sabemos que é un equipo que marca moitos goles, como comprobamos na competición. Imaxinamos que é un equipo ofensivo e, polo que vimos, ten bos xogadores. A partir de mañá exporemos o partido e o adestrador daranos as ideas para poder facerlles dano.

Semana de playoff. Todas as semanas son co foco no partido do domingo. Sabiamos estas últimas semanas da responsabilidade que tiñamos de meternos e conseguímolo. Agora, con moita ilusión para afrontar este playoff. Será complicado, pero esta semana tentaremos sacar un bo resultado na casa para ir a Tarazona con posibilidades.

Saber xogar un partido destas características. Hai que saber xogar con que hai ida e volta, mesmo pode haber prórroga. Saber xogar con iso, porque é unha eliminatoria. Non son 90 minutos, son 180.

O Compos que se pode esperar. A final de tempada todos os equipos compiten por algo e son partidos complicados. Á vista está a remontada do Racing B e que ningún dos que estaba na parte alta conseguiu gañar tampouco. O playoff é complicado e decidirase por pequenos detalles. Hai que estar concentrados, non cometer erros e facer o noso fútbol.

O playoff. É ilusión. O equipo estaba feito para estar arriba. Un dos obxectivos conseguiuse, que era entrar en playofff. Agora temos a ilusión de poder ascender e facer algo grande para o equipo. Por iso, ilusión creo que é a palabra. Temos ambición e con iso tentaremos gañar estas dúas eliminatorias para conseguir o obxectivo maior, que é ascender, está claro.

Mensaxe á afección. Que nos apoien e que sexamos todos un. Será importante esa unión entre a afección e os xogadores, porque será unha eliminatoria na que haberá momentos bos e malos, porque se vai a decidir por pequenos detalles. Neses momentos malos que sintamos o apoio deles marcará a diferenza para sacar un resultado positivo e poder pasar á última eliminatoria.

Diferenzas entre campos. Nós estamos afeitos a San Lázaro, un campo grande, e eles a un pequeno e de artificial. Por iso, temos que sacar as nosas armas para facerlles dano na casa, pero tamén é verdade que estas eliminatorias se deciden por unha marxe moi estreita e creo que ata Tarazona non se vai a decidir.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0
  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0
  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0
  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0
  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0
  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
Un derbi e un auténtico partidazo!!! Un encontro no que iremos a por todas!!! 🩵🤍 🆚 Pontevedra Club de Fútbol SAD 🗓️ 03.12.23⏰ 17.00🏟️ Pasarón🎟️ RECORDA que temos as entradas para a zona visitante á venta na nosa Oficina!!!#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
SD Compostela's cover photo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎👋 Bos días!⚽️ Comezamos xa a semana de traballo para preparar o derbi contra o Pontevedra Club de Fútbol SAD!!! ⚒️ Cinco sesións de adestramento para encarar un auténtico partidazo!!!#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Michel Alonso 🩵🤍🗣️Valoración do técnico trala terceira vitoria seguida dos nosos, de novo con portería a cero!!!#composcoruxo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎥 ÁLVARO CASAS 🩵🤍🗣 Fala o capitán sobre a gran vitoria conseguida no Vero Boquete!!! 👏 Terceiro triunfo seguido e terceira portería a cero consecutiva!!!#composcoruxo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.