Juan Carlos Andrés: “O domingo ten que notarse desde o minuto 1, desde fóra e desde dentro, que estamos en San Lázaro”

19 de Maio de 2023
  • O técnico da SD Compostela analizou a previa do primeiro partido do playoff, no que agarda a mellor versión do Compos

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2023

Comezo o camiño cara ao ascenso para a SD Compostela. Os nosos inician unha fase ilusionante e Juan Carlos Andrés quere que esa ambición axude a lograr o obxectivo. O Compos mídese o domingo, ás 12.00 horas, no Vero Boquete ao Tarazona e o técnico agarda que o equipo vaia desde o minuto uno, co apoio da afección, a polo partido.

Juan Carlos Andrés só pensa na ida, en demostrar o nivel que ten este Compos e poder sacar un gran resultado, aínda que sabendo tamén da dificultade do duelo.

 

Juan Carlos Andrés, antes da estrea no playoff para a SD Compostela.

 

Estado do plantel. Pablo completou o adestro de hoxe, practicamente como un máis. Onte fixo un introdutorio e esperamos que mañá poida completar co resto. Damián si que non puido traballar campo en toda a semana. O resto, a priori, en condicións.

Semana distinta ou non. Nós estruturamos a semana dunha maneira similar, pensando primeiro en nós, en afianzar todo o noso potencial e ir na nosa liña. Pero si é certo que se nota que se vive un ambiente distinto pola transcendencia do partido e dos próximos quince días. É imposible que poidas abstraerte do que significa xogar unha primeira eliminatoria de playoff.

O Tarazona. Creo que será un partido complicadísimo. Ímonos a atopar a un rival moi difícil, que nos porá as cousas moi complicadas. Un rival moi físico, moi intenso, con moito gol. Futbolistas por encima de dez goles e centrais por encima de cinco goles. En definitiva, un equipo que ten as súas armas e virtudes, e que nos porá as cousas moi complicadas. Se teño que asinar un resultado, o máis amplo posible, pero non é así de sinxelo. Tampouco debemos pensar no partido de volta, debemos centrarnos no partido do domingo, en estar ben, en ter o mellor resultado e, sobre todo, que nos atopemos nas mellores condicións para render e ter a nosa mellor versión.

Cumprimos o primeiro obxectivo e seguimos no camiño de ascender. Persoalmente como non me deixou ese xesto (o empate contra o Marino), non teño que pensar demasiado niso. Aos mozos tamén llo dixen. Conseguimos clasificarnos, era un traballo difícil e fomos quen de superalo. Terminamos cuartos. A min gústame gañar todos os días e cando non o fago quedo contrariado. Pero o resultado do outro día, o que nos deixou, foi a clasificación para o playoff e a posibilidade de continuar no camiño do noso obxectivo, que non é outro que ascender. O empate pasouse rápido e a xente ten unhas gañas terribles de que chegue o domingo, de demostrar a nosa capacidade e de pelexar polo obxectivo que temos todos nestes momentos, que é ascender.

Claves para o primeiro duelo. Polas súas características, teremos que estar moi finos con balón, en todas as fases do campo, porque son moi intensos, presionan moito e en todas esas recuperacións as súas transicións son moi rápidas. A maneira de desarmar esa presión será estando moi finos con balón. A circulación de balón será moi importante, a verticalidade e cando perdamos a pelota, a nosa reacción tras perda ten que ser moi rápida. A partir de aí, se conseguimos enlazar pases e sentirnos cómodos con balón, as nosas posibilidades de gañar irán crecendo a medida que vaian pasando os minutos.

O Tarazona na casa ou fóra. Si é un equipo que lle custa máis ser visitante que local. O seu éxito vén moi baseado por como se comportou no seu campo, pero non significa que vaia a entregar o partido de ida nin que vaia a ser máis fácil. Loxicamente, xogamos na casa e temos que facer valer esa situación. Como locais, o domingo, ten que notarse desde o minuto un, tanto desde fóra como desde dentro, que estamos en San Lázaro. Temos que alimentar ao de fóra, porque imos ir a polo partido, imos a por un bo resultado e queremos un bo resultado.

Só a ida. Estamos pensando, única e exclusivamente, no partido do domingo, en que podemos facer para obter o mellor resultado aquí. Non estamos a facer cálculos, porque non é o día. Temos que pensar no escenario que temos o domingo. Pensar en facerlles dano a través de transicións boas, aproveitando as dimensións de San Lázaro e, sobre todo, pola capacidade dos nosos xogadores. Temos que demostrar que o nivel dos nosos xogadores é moi alto. Temos que conseguir que a súa intención sexa render ao máximo, dentro das nosas capacidades. Ese é o plan que queremos buscar e o que imos tentar.

Potencial goleador do rival. É un equipo moi intenso, que sempre está moi preto do gol, un equipo que se parte moito por situacións e que chega con moita xente na área para finalizar. O dos goles dos centrais responde a que son moi fortes en balón parado, incorpóranse con cinco ou seis xogadores, son quen de rematar e de facer gol. Responde a patróns de xogo que lles están a dar ese resultado e que lles permitiu clasificarse e estar a competir como nós.

Buscar as súas debilidades. Todo ese ímpeto que teñen, xera espazos en zonas que temos que ser quen de aproveitar, pero esas posibilidades que che permite o rival por como se comporta, hai que ser quen de atopalas con pases e a partir de transicións. É a necesidade de atopar a nosa fortaleza con balón.

Xogar o playoff, unha ilusión. Quero que sexa unha ilusión. Non é un peso, é un obxectivo ilusionante. A partir de aí, a render ao máximo e tentar conseguilo. Non creo que teñamos que velo como unha carga máis pesada que outra. Sabemos onde estamos, o que representamos e temos claro que queremos ascender. Hai que ser quen de convivir con esa responsabilidade, porque estamos onde estamos, pero quero que sexa unha ilusión, non unha carga.

Adaptarse ao potencial rival. Analizamos aos rivais e en función de como se comportan, hai detalles que debemos ter en conta. Non podes obviar o comportamento do rival á hora de expor o partido. Quero que sexamos protagonistas do partido, pensamos moitísimo máis no noso, pero, loxicamente, non deixamos de ver as cousas que fan eles e como se comportan, para ter resortes e poder contrarrestar as súas capacidades.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
𝐀𝐁𝐎𝐍𝐎𝐒 𝟐𝟒/𝟐𝟓 🩵🤍🎫🙌 ALCANZAMOS OS 2.000 abonados9️⃣7️⃣0⃣ renovacións 🤝1⃣0⃣3⃣0⃣ altas 👆💪 Grazas polo voso apoio! ✍️ A campaña segue aberta en ➡️ sdcompostela.compralaentrada.com #quérotecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
ℹ️ ASENTOS 🆚 UM Escobedo 🏟️ Os asentos non estarán numerados para este encontro👉 Cada persoa poderá sentarse onde prefira, dentro da súa bancadaℹ️ O Concello informounos que procederá á numeración dos asentos a semana próxima 📸 Nacho Castaño #composescobedo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 🆚 UM Escobedo📋 Antón Permuy🩵🤍 Lista dos nosos para o partido de mañá no Vero Boquete 👉 Entran todos os dispoñibles! Mañá haberá un descarte #composescobedo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️ Hoxe tocou traballo por separado para os nosos en función das cargas💪 Un dos grupos realizou un adestramento de recuperación en 𝐁𝐉 𝐓𝐫𝐚𝐢𝐧𝐞𝐫𝐬Grazas pola boa atención e por acollernos nas vosas instalacións 🩵🤍#composescobedo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.