Viaxa co Compos a Tarazona e axuda aos nosos a pasar a eliminatoria de playoff

23 de Maio de 2023
Desprazamento de playoff para o Compos a Tarazona
  • As inscricións debedes realizalas na ligazón https://bit.ly/BusaTarazona

  • Para confirmar a praza no autobús debedes mercar tamén a entrada do partido de playoff na Oficina ou na Tenda (dispoñibles a partir de mañá).

  • O desprazamento será gratuíto para todos os que o desexedes, grazas ao apoio do Concello de Santiago

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2023

A SD Compostela non estará soa en Tarazona. Co apoio do Concello de Santiago, quen o desexedes poderedes viaxar en autobús á localidade aragonesa. O sábado, ás 20.15 horas, o Compos xógase o pase á seguinte rolda do playoff no Municipal de Tarazona e necesita o maior apoio posible para conseguir o seu obxectivo.

Para facer posible este reto, o Concello fretará os autobuses necesarios para que os afeccionados compostelanistas poidades estar presentes neste partidazo. A inscrición para os autocares debe realizarse na seguinte ligazón: https://bit.ly/BusaTarazona.

A data límite para que vos anotedes nos autobuses será este xoves ás 20.00 horas.

 

Debes confirmar a praza no autobús comprando a entrada para en Santiago (xa na Tenda e na Oficina).

Cabe destacar que as prazas están abertas a tódolos que o desexedes. Para realizar a inscrición, bastará con que cumprimentedes os datos no formulario. Automaticamente, terás a túa praza reservada, pero non confirmada.

Para confirmar a praza no autobús terás que retirar a túa entrada nas Oficinas do club, abertas de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas; ou na Tenda Oficial da Rúa dá Raíña, aberta todos os días desde as 10.30 ata as 20.30 horas.

Finalmente, a SD Tarazona dispensa 200 entradas á SD Compostela, as cales deberán adquirirse en Santiago, e xa están dispoñibles. O prezo da entrada é de 20€ para adultos e de 8€ para menores de 12 a 18 anos.

Se non queres viaxar en autobús, pero si estar en Tarazona, as entradas para o partido tamén as podes adquirir na Oficina ou na Tenda.

A data límite para adquirir as entradas é o venres ás 13.00 horas.

 

Horarios do desprazamento.

Co obxectivo de que o viaxe se realice da forma máis amena posible, chegando con antelación suficiente á localidade aragonesa, os autobuses da SD Compostela partirán ás 8.15 horas desde a Porta 1 do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, con parada para comer no camiño. A hora de chegada prevista ao Municipal de Tarazona é ás 18.30 horas, aproximadamente.

Pola súa banda, o regreso será unha vez finalizado o encontro, tendo prevista a chegada á capital galega arredor das 7.00 horas do domingo.

Apoia aos nosos en Tarazona e axúdanos a continuar neste camiño polo ascenso. Este sábado temos outra final e será necesario o apoio de todos para superala. Todos xuntos, seguiremos adiante na pelexa polo noso obxectivo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
✍️ CRÓNICAOs nosos cederon na casa no debut da Liga, nun encontro no que todo saíu cruz🏆 O mércores, unha reválida, tamén como locais, cos 1/16 da #CopaFederación👉 sdcompostela.com/gl/2026/09/06/compos-liga-0-3-marino/📸 Ignacio Castaño Gómez#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #ComposMarino🩵🤍 O técnico valorou en sala de prensa a derrota na estrea no Vero Boquete👉 O adestrador agradeceu o apoio da afección e xa mira ao seguinte duelo, este mércores, na casa, na #CopaFederación 📹 youtu.be/AUhEbJmcBLo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 0️⃣-3️⃣ Club Marino de Luanco📸 Ignacio Castaño Gómez#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚️ Club Marino de Luanco#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
DÍA DE PARTIDO! DÍA DE COMPOS! 🩵🤍COMEZAMOS A LIGA NA NOSA CASA E PRECISAMOS O APOIO DE TODOS! 🏟️🆚 Club Marino de Luanco 🏟️ Vero Boquete🕛 12:00 horas🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/📸 Nacho Castaño#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.