A SD Compostela recupera o seu deseño clásico para a súa primeira camiseta

26 de Xuño de 2023
Nova camiseta da SD Compostela
Sabela Arán con Boyanka Kostova, presentando as camisetas da SD Compostela
Presentación das camisetas da SD Compostela na Facultade de Historia da USC
  • A segunda camiseta é unha homenaxe á que vestiu o club na tempada 97.98 e a terceira opta por unha versión rompedora, en amarelo con todos os detalles en negro

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2023

A SD Compostela recupera o seu deseño clásico, metade branco metade azul, para o primeiro equipamento da Tempada 2023/24. O Compos, coincidindo coa data do seu 61 aniversario, presentou hoxe as súas camisetas para a nova campaña, unhas indumentarias innovadoras de Adidas con detalles do pasado e modelos únicos que traen moitas novidades. Unhas pezas pensadas non só para xogar, senón tamén para portar con calquera look da rúa.

Ademais do formato tradicional, no primeiro equipamento tamén destaca que está fabricada coa tecnoloxía da máis calidade de Adidas, o que a converte nunha peza ideal, tanto para vestir nos partidos como para a rúa.

Na segunda, faise unha homenaxe á indumentaria da tempada 97.98 cos cadros brancos e vermellos. Esta incorpora tamén un detalle do Xacobeo, posto que no peito impera a figura do “Pelegrín”, mascota do Camiño que cumpre 30 anos.

E, como deseño rompedor, o terceiro equipamento, de cor amarelo con todos os detalles en negro, incluído un escudo monocolor en negro mate con brillo.

As tres camisetas, de Adidas, locen a Cobre San Rafael na súa parte frontal, empresa que seguirá esta nova tempada como patrocinador principal da SD Compostela.

Os novos equipamentos xa están á venda ao público na Tenda Oficial da Rúa da Raíña (aberta de luns a domingo, de 10.30 a 20.30 horas) e durante o día de hoxe na Tenda Online (https://tienda.sdcompostela.com/es/).

O prezo do primeiro equipamento é de 64,95€, o segundo de 59,95€ e o terceiro de 54,95€. Sobre os prezos citados, os abonados dispoñen dun 10% de desconto.

Os equipamentos de Adidas foron presentados na terraza da Facultade de Historia da USC

 

O acto de presentación dos novos equipamentos da SD Compostela tivo lugar esta mañá na terraza da Facultade de Historia da USC. Nunha contorna incomparable, Pep Caballé (1ª), Antón de Vicente (2ª) e Jordan Domínguez (3ª) vestiron a nova pel do Compos para a Tempada 2023/24.

Os tres modelos, dous deles novas fichaxes, posaron para os medios de comunicación e algúns afeccionados presentes, nun evento no que tamén estiveron Javier Rico, en representación da USC; Juan Carlos Gesto, Javier García e Ramón Castro, da directiva da SD Compostela; Pilar Lueiro, nova concelleira de Deportes do Concello de Santiago; e Pablo Núñez e Fernando Díaz Riopa, por Cobre San Rafael.

Portando as indumentarias por primeira vez, os tres xogadores do Compos mostráronse moi satisfeitos coa nova liña das camisetas.

“As tres son moi bonitas, pero a terceira está chulísima e encántame o detalle do escudo”, sinalou Jordan que portou a terceira indumentaria.

“É orixinal, bonita, cunhas cores representativas. É unha camiseta para vestir, para lucir e para desfrutala”, comentou Antón de Vicente, que vestiu a camiseta visitante.

“Paréceme moi bonita. É a clásica, a mítica do Compos, estou moi orgulloso de poder vestila e oxalá esta sexa unha tempada moi boa para todos”, destacou Pep Caballé, que luciu a local, no seu primeiro acto como novo xogador branquiazul.

Por outra banda, cabe destacar que, para a campaña en redes sociais e web, a SD Compostela contou coa colaboración do grupo compostelán Boyanka Kostova, formado por Cibrán e Chicho -Ortiga-, pioneiros do trap galego, así como pola recoñecida actriz galega, Sabela Arán.

Por último, tamén facer mención a que, xunto coas novas camisetas, tamén sae á venda todo o merchandising do club para a nova tempada 2023/24: camisetas de adestramento, suadoiro, chaqueta, pantalón longo, camiseta de algodón e mochila.

Pásate pola Rúa dá Raíña e goza xa coa nova liña da SD Compostela.

Flickr

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
👉 O Compos caeu en Riazor contra a @deporcanteiraDecidiron os goles de Aarón e Kevin para os locais na segunda parte Grazas a todos os que nos acompañastes! 🩵🤍#FabrilCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
𝐑𝐝𝐏🎥 𝐀𝐧𝐭𝐨𝐧 𝐏𝐞𝐫𝐦𝐮𝐲🗣️ Rolda de prensa do adestrador do Compos trala derrota en Riazor contra a Real Club Deportivo de La Coruña Fabril#fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🔚 FINALReal Club Deportivo de La Coruña Fabril 2️⃣-0️⃣ COMPOS#fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSO Real Club Deportivo de La Coruña Fabril 0️⃣-0️⃣ COMPOS#fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🩵🤍#fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.