Mario Rodríguez non continúa na SD Compostela

28 de Xuño de 2023
Moitas grazas, Mario Rodríguez.
  • O club agradécelle a Mario Rodríguez o sacrificio e esforzo polo ben do Compos e deséxalle moita sorte no seu novo reto deportivo

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2023

Mario Rodríguez non continuará na SD Compostela a próxima campaña. O atacante, tras unha gran tempada na capital galega, emprenderá un novo reto deportivo, polo que decidiu non renovar co Compos.

A pesar de estar tan só un ano no club, vaise un xogador moi querido e que o deu todo polo ben da entidade. Por iso, só temos palabras de agradecemento por ese compromiso e ese sacrificio, o cal foi encomiado por todos.

Nesta tempada na SD Compostela, Mario Rodríguez deixou unha gran imaxe, demostrando a calidade que atesoura. Disputou un total de 32 partidos, 28 deles de titular, para un total de 2.302 minutos de xogo.

Sobre o verde, marcou once goles e repartiu tres asistencias, ao que sumou un traballo encomiable no labor ofensivo branquiazul. As súas últimas dianas chegaron no partido de ida da eliminatoria de playoff, un dobrete que, con todo, non foi suficiente para a clasificación final.

Grazas Mario por todo o teu esforzo e agarimo cara ao Compos. Moita sorte nesta nova etapa e lembra que Santiago sempre será a túa casa.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 A por unha nova final para seguir gañandox33 🆚 Real Ávila CF 🏟️ Adolfo Suárez🗓️ Domingo, 27 de abril🕛 12.00 horas📺 www.tvfootballclub.com/#ávilacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎#ávilacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ 𝐒𝐞𝐜𝐡𝐨🗣️ Declaracións de Secho tralo terceiro triunfo consecutivo dos nosos, novamente na nosa casa#composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAALLCOMPOS 3️⃣-1️⃣ RS Gimnástica⚽️ Manu Barreiro | Pablo Antas | Manu Rivas💪 TERCEIRO TRIUNFO VITAL CONSEGUIDO SEGUIMOS, COMPOS 🩵🤍#composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.