Manu Barreiro: “Fichar polo Compos faime moita ilusión”

14 de Xullo de 2023
Manu Barreiro, presentado en Grupo Alumisán
Manu Barreiro, o '9' do Compos
Manu Castiñeiras e Manu Barreiro na presentación oficial
  • Manu Barreiro foi presentado na sede do seu patrocinador oficial, Grupo Alumisán

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2023

Manu Barreiro, novo dianteiro da SD Compostela para a Tempada 23.24, foi presentado oficialmente esta mañá na sede de Grupo Alumisán. Acompañado polo seu patrocinador oficial para esta campaña, o ‘9’ do Compos destacou sentirse moi ilusionado por esta nova etapa na súa carreira deportiva e valorou moi positivamente o agarimo que recibiu.

Rodeado de José Vázquez e Amador Rodríguez, conselleiros de Alumisán, e Manu Castiñeiras, director deportivo do club, Manu Barreiro subliñou que o obxectivo para este curso é o ascenso.

Unha nova etapa no Compos. Estou moi ilusionado. Desde que saíu a opción, valorámolo moi ben e faime moita ilusión. Nestes momentos da miña carreira é o que me apetece e estou con moitas gañas.

Fichar pola SD Compostela. O Compos é o equipo da miña cidade, iso está claro, pero sobre todo, tanto Manu como a xente do club mostráronme moito interese e a estas alturas da miña carreira, o que necesito é sentirme valorado e querido, e nese sentido, aquí estou mellor que en ningún lado.

Loitar polo ascenso. O obxectivo é claro de loitar por subir, por ese primeiro posto e creo que se están facendo as cousas ben. Creo que se está facendo un equipo moi competitivo e por iso loitaremos. Loitaremos por quedar o máis arriba posible, esperemos que de primeiros, porque no playoff é moi complicado. Hai que ser ambicioso e ir a por ese primeiro posto, porque haberá entre catro ou seis equipos loitando por ese obxectivo e temos que ser un deles.

Goles de Manu Barreiro. Nunca fun de poñerme cifras. Intentarei axudar aos compañeiros coa miña experiencia e coa miña traxectoria e está claro que os dianteiros temos que meter goles, polo que tentarei meter os máximos posibles.

Fichaxes do equipo. Coñezo a varios dos novos reforzos. Algún de enfrontarme contra eles, outros de velos xogar. Son xente contrastada, mesmo de superiores categorías. Estase buscando seguridade no que se firma e aí Manu está acertando. Vamos por bo camiño.

Loitar polo primeiro posto. Temos que ser claros candidatos a ese primeiro posto e a subir, porque en playoff é difícil e depende do rival que che toque.

Tres anos de contrato. Está claro que é unha tranquilidade, pero non había ningún tipo de problema pola duración do contrato. Non será ningún problema, tanto se me noto que non quero xogar máis ou o club nota algo semellante. É só un número, pero si que é verdade que de cara ao futuro dáche unha tranquilidade.

Cambio a terreos de xogo da Segunda RFEF. Xoguei en moitísimos campos, adestrei en campos de terra e para min iso non é un problema. Na miña carreira toquei rápido a Segunda, pero tocoume baixar ao barro e apetéceme xogar nestes campos. Xoguei en moitísimos campos bos, con moitísima xente e con moitísima historia, pero serei raro, porque me apetece xogar nestes campos.

Comezar a pretempada con case todo o plantel. Está claro que para o adestrador ter ao groso do plantel practicamente pechado é importante. Cada adestrador ten as súas ideas, as súas maneiras de xogar e se tes á maioría do plantel, axuda moitísimo de cara ao futuro.

Rivais no grupo. Un pouco dos que podemos falar todos. O Pontevedra seguro que fará bo equipo, o Coruxo sempre é complicado, o Avilés estivo a loitar por estar arriba o ano pasado. Dos que se falan, por aí sempre irán os tiros. Sempre haberá algunha sorpresa que se meta aí arriba, pero serán eses.

Adeus ao Lugo. Foron cinco tempadas nas que pasaron moitas cousas, nas que case sempre saíu ben, salvo este último ano. É unha relación, que como na vida, se vai desgastando e creo que o mellor para as dúas partes era acabar neste momento. Quedar co positivo, que foron moitos anos e moi bos, tanto no persoal coma no profesional. Deséxolles o mellor, que suban canto antes, porque están a facer moi ben as cousas, e desexándolle a maior das sortes.

Unha tempada dura. Foron moitas cousas, era o capitán do equipo, tes que lidar tanto dentro como fóra do campo, e foi moi complicado. A nivel mental foi difícil, pero hai que sacar o positivo, e é que de todo se aprende, porque, sen dúbida, se non a peor, foi das peores tempadas da miña carreira.

 

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.