-
Ambos clubs pecharon hoxe o acordo polo que Damián Canedo se incorpora ao filial bético
Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2023
A SD Compostela e o Real Betis Balompié chegaron na xornada de hoxe a un acordo para o traspaso de Damián Canedo. O defensor compostelán despídese do Compos tras un gran ano, o seu primeiro como sénior, para incorporarse ás filas do filial bético.
A SD Compostela agradécelle a Damián o seu compromiso e esforzo durante esta pasada campaña, na que demostrou as calidades que atesoura. A pesar da súa mocidade, gañouse a posición no carril esquerdo, sendo un dos xogadores con maior presencia no once do conxunto branquiazul.
Pechou a campaña, lastrada nos últimos meses por unha inoportuna lesión, con 23 encontros disputados, todos menos un como titular, para un total de 1.981 minutos. Neles, ademais, anotou un gol.
Moitas grazas Damián polo teu traballo e moita sorte para este novo reto deportivo que afrontas.