Vecho, novo adestrador do Sigüeiro

27 de Xullo de 2023
Vecho, novo adestrador do Sigüeiro
  • Vecho dirixirá ao Filial do Compos na Preferente Galicia

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2023

Antonio Ríos Cortés, máis coñecido no mundo do fútbol como ‘Vecho’, será o adestrador do Sigüeiro FC para esta Tempada 23.24. O técnico do Barbanza chega ao noso Filial co obxectivo de impulsar o proxecto loitando, un ano máis, no Grupo Norte da Preferente Galicia.

Vecho conta cunha gran experiencia no fútbol galego, tanto en equipos sénior como en categorías inferiores.

Nesta última campaña, o técnico acadou o ascenso á Primeira Galicia coa SD Valiño Cabo da Cruz, tras un gran ano.

Ademais, formou parte, no último tramo da tempada, do corpo técnico da SD Compostela, sendo o preparador físico do conxunto branquiazul nos últimos meses de competición.

Anteriormente, Vecho foi 1° adestrador do CD Boiro e do Mesón do Vento CF, en Preferente Galicia; e do CD Unión e do Puebla CF na 1ª Galicia.

Do mesmo xeito, formou parte de equipos técnicos nas categorías inferiores do RC Deportivo da Coruña; no CCD Cerceda, en 3ª División; e na Selección Galega Sub-18.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ O primeiro derbi da tempada🙌🩵🤍 Oportunidade para repoñerse e volver conseguir unha vitoria na Liga𝐗𝟔🆚 CORUXO F.C. 🗓️ Domingo, 11/10🕔 17:00 horas🏟️ O Vao🎟️ 15€ Xeral | Gratis Menores de 14 anos📺 En Xogo #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Recargar pilas, recuperarse mentalmente e volta ao traballo para o primeiro derbi da tempada#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 CRÓNICAO Compos cae pola mínima en San Lázaro⚽️ Os nosos dispuxeron de boas ocasións para adiantarse no marcador, pero a falta de acerto permitiu ao Oviedo Vetusta levar os tres puntos📸 Ignacio Castaño Gómez#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composoviedovetustaO técnico do Compos analizou en sala de prensa a derrota na casa ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 1️⃣-2️⃣ Real Oviedo Cantera⚽️ Buba📸 Ignacio Castaño Gómez#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.