Máis de 1.500 persoas desfrutaron do II Torneo Alevín F-8 Deputación A Coruña

18 de Setembro de 2023
Foto familia II Torneo Alevín F-8 Deputación A Coruña
Premio aos porteiros do Deportivo por ser os menos goleados
Nico Fernández, mellor porteiro do II Torneo Alevín F-8 Deputación A Coruña
Un momento da gran final do II Torneo Alevín F-8 Deputación A Coruña
Deportivo contra o Oroso, na final do II Torneo Alevín F-8 Deputación A Coruña
Ignacio Villanueva, mellor xogador do II Torneo Alevín F-8 Deputación A Coruña
Deportivo da Coruña celebrando o título no II Torneo Alevín F-8 Deputación A Coruña
EF Carnota, equipo máis deportivo do II Torneo Alevín F-8 Deputación A Coruña
Momento da entrega de trofeos do II Torneo Alevín F-8 Deputación A Coruña
  • O RC Deportivo da Coruña repetiu título no II Torneo Alevín F-8 Deputación A Coruña, celebrado en Oroso

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2023

O Campo Lino Balado, no Concello de Oroso, acolleu esta fin de semana dúas xornadas de moita diversión e moito fútbol con motivo da celebración do II Torneo Alevín F-8 Deputación A Coruña, que organizamos a SD Compostela e o ente provincial. Como o ano pasado, foron dous días de desfrute que remataron co mesmo gañador, o RC Deportivo da Coruña.

O terreo de xogo de Oroso viviu un ambiente espectacular tanto na xornada do sábado, na que se disputou a fase previa, como o domingo, coa fase de grupos e as eliminatorias finais. Houbo moita deportividade entre os pequenos xogadores, moi bos momentos de compañeirismo e tamén un nivel futbolístico moi elevado.

Unha vez máis, o II Torneo Alevín F-8 Deputación A Coruña reuniu aos mellores equipos da provincia. Foron un total de 32 conxuntos, polo que participaron nesta edición máis de 400 nenos e nenas. A eles sumáronse as familias que acompañaron aos cativos, creando unha gran festa do fútbol no Lino Balado, con máis de 1.500 persoas entre as dúas xornadas.

Despois de moitos partidos, con moitas emocións para os participantes, quedaron para a gran final os dous mellores equipos do torneo: o Deportivo e o Xuventude Oroso. Unha gran final entre o vixente campión e o conxunto local, que se resolveu con vitoria para o cadro herculino, que repetía así o título da primeira edición.

Non foi o único éxito para o cadro coruñés, xa que o RC Deportivo da Coruña Fabril conseguiu tamén o terceiro posto, despois de superar na final de consolación ao EF Concello de Carnota. Precisamente, o conxunto da vila da Costa da Morte levou o premio ao “Equipo Máis Deportivo” do II Torneo Alevín F-8 Deputación A Coruña.

No plano individual, Ignacio Villanueva, do Deportivo, levou o premio ao “Mellor Xogador” do Torneo, así como tamén o de “Máximo Goleador”. O “Mellor Porteiro” foi Nico Fernández, do Xuventude Oroso; e o galardón ao “Porteiro Menos Goleado” repartírono os gardametas do Deportivo: Iago Miranda, Roque Martínez e Felipe Varela.

Na entrega de premios deste II Torneo Alevín F-8 Deputación A Coruña participaron Antonio Leira, deputado de Deportes da Deputación A Coruña; e Álex Doval, alcalde Oroso.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.