Manel Menéndez: “San Lázaro ten que ser un fortín, para o Compos debe ser unha vantaxe xogar aquí”

22 de Setembro de 2023
Lalo Crespo, director do Hotel Puerta del Camino, e Manel Menéndez, adestrador do Compos
  • Manel Menéndez destacou a importancia para o Compos do encontro contra o líder, patrocinado polo Hotel Oca Puerta del Camino

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2023

A SD Compostela volve ao Vero Boquete coa premisa de sumar os tres puntos contra o Zamora. Chega o líder ao feudo compostelanista e os nosos queren recuperar o gran nivel demostrado fai quince días. Será un duelo duro, que patrocina o Hotel Oca Puerta del Camino, no que o técnico agarda ver a ese Compos motivado e enchufado como se presenciou en moitos minutos destas xornadas.

Acompañado por Lalo Crespo, director do Hotel Oca Puerta del Camino, Manel Menéndez analizou como foi a semana para o Compos e adiantou as claves para o partidazo do domingo, ás 16.00 horas. O adestrador compostelanista agarda que a afección branquiazul responda e que os puntos queden na casa.

Estado do plantel. Seguimos coa recuperación de Riki Mangana. A próxima semana empezará a adestrar co equipo, de menos a máis. E esta semana tivemos tamén un contratempo con Euse, que notou unha molestia nos adutores e, por desgraza, ten unha pequena rotura, polo que o perdemos para a causa. Dous xogadores importantes que non imos ter o domingo, pero confiamos plenamente nos que temos.

Fran López. Estase a adaptar ao traballo colectivo, máis que ao individual, porque o físico xa o vén facendo con Germán e Pablo, pero queda bastante. Ten que coller boas sensacións, que non teña ningún tipo de molestia, porque se lle pode cargar a zona. Temos que ter precaución, paciencia, aos poucos, pero os pasos que deu son grandes.

Crecer a partir dunha solidez atrás. As casas constrúense desde abaixo. A miña idea é que aos rivais lles custe facernos gol. Que a partir de aí, crezamos ofensivamente e hai xogadores para iso. Estamos no camiño, pero nos dous últimos partidos faltounos continuidade no xogo. Na casa, déronnos un susto. E o outro día perdemos dous puntos, despois de estar ben na primeira parte, sen pasar ningún tipo de apuro  e facendo o que se tiña que facer. Ocasións tivemos, melloramos moito respecto da pretempada e o que queda é materializalas, coller unha dinámica boa.

O Zamora. É o equipo que está en mellor forma. Tres partidos, tres vitorias, non teñen ningún tipo de fisura, ningún gol en contra e catro a favor. Imos a polo cuarto partido, pero con moito respecto, sabendo que busca o mesmo que nós. Será un partido difícil e complicado, pero ten que ser motivador para todos, porque é o líder e hai que disputalo ao máximo.

Potencial do rival. É un equipo moi serio, moi difícil, complicado defensivamente, con moita xente e fanlles moi poucas ocasións. Nestes tres partidos, practicamente non tiveron ocasións en contra. E ofensivamente, adoitan xogar 4-4-2 ou 4-2-3-1, buscan moitos centros laterais e repréganse moi rápido.

Traballo ofensivo para bater ao líder. Tes que compensar as dúas fases. É un equipo contra o que custa aproximarse á súa portería, porque mete moita xente atrás para defender. Transitan moi ben tamén e os centros laterais aprovéitanos moi ben, por ter dous puntas. Pero o noso equipo está preparado, isto ten que ser un fortín, debe ser unha vantaxe xogar aquí, porque creo que o Compos cando pode, lle deixan e quere, faino moi ben. Fáltanos ter unha continuidade, nada máis. Ímonos do partido ás veces e non podemos permitilo.

Unha final para o Compos? Para nada. Aquí deciden os últimos dez partidos. Estar nesa zona privilexio vaiche dando confianza. Estando aí os equipos respéctante moito e seino porque estiven nun equipo de baixa táboa e que pelexaba por outros obxectivos, e beneficiábanos moitas veces que os rivais non te respectasen tanto. Ata agora, en todos os partidos, estou a notar o respecto que teñen ao Compostela e agora témolo  que facer ao revés, respectar ao líder e afrontar o partido con moitísimas gañas e moita motivación de poder gañar, avanzar tres puntos máis e non perder na casa. Hai que ir buscando obxectivos a curto prazo e persoais.

Superar a cifra de abonados do Compos. É unha alegría que a xente se vaia enganchando. Está na nosa man que o fagan. Os resultados e que o equipo funcione, fai que a xente veña ao fútbol, que desfrute do seu equipo e agardamos que aos poucos vaian enchendo San Lázaro. É difícil, pero é un reto máis tamén para nós.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron onte a semana de adestramentos para o inicio do play off👉 A partir de mañá, centrados en comezar ben a fase de ascenso#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Comeza o play off!! Este sábado, a primeira gran cita en Vilalba!Todos xuntos, a comezar con bo pe!! 🫂⚽️ 𝐈𝐝𝐚 𝐒𝐞𝐦𝐢𝐟𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬🆚 RACING CLUB VILLALBÉS🕡 18:30 horas🏟️ A Magdalena🎟️ Xeral: 15€ | Menores de 16 anos: Gratis#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos gañou en Viveiro, pero xogará o playoffToca levantar o ánimo, loitar ata o final e pelexar polo ascenso na faseTodos xuntos 🫂👉 sdcompostela.com/gl/2026/05/10/compos-viveiro-playoff-vitoria/📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINALVIVEIRO C.F. 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Damián NoyaTocará loitar no playoff para acadar o ascenso!! Todos xuntos, ata o final!!Grazas a todos por acompañarnos en Viveiro! Seguiremos loitando!📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeSEGUIMOS, COMPOS!!IMOS LOITAR ATA O FINAL!! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.