A fortuna non lle sorrí ao Compos contra o líder

24 de Setembro de 2023
Juampa, do Compos, contra o Zamora
Parapar, un dos máis incisivos no ataque do Compos na segunda metade
Polémico gol anulado ao Compos por man de Álvaro Casas
Hugo Matos regatea a un defensor del Zamora
  • Unha acción fortuíta, nos minutos finais, decide o partido para o Zamora, cando o Compos tivera as mellores opcións

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2023

O fútbol non sorriu ao Compos contra o líder. Nun duelo dominado, no que tivo as mellores ocasións, os puntos marcháronse para Zamora nunha acción fortuíta nos minutos finais. Mereceu máis a SD Compostela, pero esta tarde faltou sorte.

Nunha tarde asollada, o Compos recibía ao líder no Vero Boquete. Con cinco puntos na táboa, aínda sen perder, os nosos querían reencontrarse coa vitoria diante dos seus. Tras tres partidos nos que a SD Compostela alternou bos momentos con outros non tan bos, os de Manel Menéndez querían ter máis continuidade coa pelota e así someter a un Zamora moi sólido neste inicio de liga, xa que aínda non encaixara ningún gol antes de chegar a Santiago.

Para poder facer dano a esa armazón defensiva zamorano, o técnico compostelanista recuperou a Samu Araújo, para o lateral esquerdo, e a Jaime Santos, no enganche, únicas novidades respecto da igualada no Álvarez Rabanal.

Esa formulación sentaba ben aos nosos que arrincaban mellor a contenda. Presionando arriba e roubando balóns, en apenas tres minutos tería xa a súa primeira opción, nunha falta de Juampa  que golpeou a barreira, cambiando a orientación do esférico, pero saía rozando o pau.

E pasado o minuto 25, de novo o extremo santiagués gozaría dunha ocasión inmellorable, a mellor do primeiro acto. Controlaba no pico da área, orientábaa para a súa zurda e soltaba un golpeo potente, pero a pelota, tras botar, estrelábase contra o poste.

Co susto no corpo, o Zamora de David Movilla soltábase e camiñaba máis cara a terreo ofensivo. Cunha presión máis intensa, dificultaba as triangulacións dos branquiazuis e coa súa solidez atrás, non permitía que ninguén se achegase ao seu arco.

Por iso, sen perigo en ambas áreas, chegábase ao intermedio co 0-0 inicial.

Á volta dos vestiarios, cos mesmos protagonistas, a contenda regresaba a esa sensación de que ningún equipo conseguía predominar sobre o outro, pero rapidamente cambiaban as tornas e eran de novo os locais os que apertaban máis sobre portería rival.

A través de gañar balóns no centro do campo, chegaba en continuas ocasións a área contraria, xerando moito perigo. Tentábao Parapar pola dereita, Juampa pola esquerda e Manu Barreiro por arriba, pero non se tentaba de concretar ningunha acción.

Tería que ser a balón parado como chegaría a ocasión de maior perigo, coa pelota nas redes, pero o colexiado interpretaba que o despexe de Fermín golpeaba na man de Álvaro Casas, anulando o tanto dos nosos.

Entraba Hugo Matos e o canteirán tamén tería a súa, cabalgando por liña de fondo, pero sen atopar o remate. E pouco despois, na mesma banda dereita, aparecía Parapar para pór un servizo raso con veleno que non chegou a Pep Caballé por moi moi pouco.

Con todo, cando mellor estaban os nosos, o que acabaría chegando sería o tanto visitante. Nunha acción illada en banda dereita, no 81, Morales gañaba o esférico, entraba na área, puña o servizo pola liña de gol, a pelota pegaba no pau, en Pito Camacho e quedaba para que Víctor López só tivese que empuxala. Un golpe de fortuna para o 0-1.

E as desgrazas non virían soas, porque tres minutos máis tarde, e tras un disparo de Juanan ao traveseiro, o colexiado sinalaba una falta de Pep Caballé que lle custaba o segundo cartón amarelo.

Con dez contra once e un rival que aproveitaba cada momento para gastar o tempo, o Compos non podía xerar ningunha mínima ocasión. Tentábao a balón parado, pero non había forma de achegarse a Fermín.

Por este motivo, sen moverse máis o marcador, acabábase a contenda co 0-1, un xerro de auga fría para un Compos que propuxo máis sobre o verde, pero ao que a fortuna non lle sorriu nesta tarde de fútbol no Vero Boquete.

Con todo, no fútbol, cada semana hai unha reválida, e o vindeiro domingo, ás 19.00 horas, haberá outra opción no Vero Boquete, no primeiro derbi da tempada, contra o Ourense.

FICHA TÉCNICA

0 – SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Pep Caballé, David Soto, Álvaro Casas, Samu Araújo; Antón de Vicente, Pablo Antas (Fer Beltrán, m.81); Parapar, Jaime Santos (Jordan, m.81), Juampa (Hugo Matos, m.63); e Manu Barreiro.

1 – ZAMORA CF: Fermín; Víctor López (Roger, m.88), Luengo, Bolo, Castañeda; Mancebo (Jesús Muñoz, m.71), Juanan, Carlos Ramos, Joel Priego (Luis Rivas, m.88); Markel Goñi (Morales, m.54); e Pito Camacho (Etxaburu, m.88).

GOLES: 0-1: Víctor López, min.80.

ÁRBITRO: Rodríguez García (Asturias). Expulsou a Pep Caballé (m.84) por dobre amarela. Ademais, amoestou a Juampa  e Manu Barreiro, polo Compos; e a Luengo, polo Zamora.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 4 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 1.304 espectadores. Antes do encontro gardouse un minuto de silencio en memoria do xornalista Pepe Domingo Castaño, socio de honra do Compos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 O Compos, máis líder💪 Os nosos conseguiron onte un triunfo moi importante en Elviña, o seu segundo consecutivo, para reforzar o liderado👉 Ademais, por segunda xornada seguida, deixando a portería a ceroSeguimos! 📸 Nacho Castaño #atléticocoruñacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALAtlético Coruña Montañeros 0️⃣- 1️⃣ COMPOS⚽️ SamuNOVA VITORIA! NOVA PORTERÍA A CERO! 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍Segundo triunfo consecutivo para afianzar o liderado 💪💪💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #atléticocoruñacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metade 💪⚽️ Ata o final📸 Nacho Castaño #atléticocoruñacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOAtlético Coruña Montañeros 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Samu📸 Nacho Castaño #atléticocoruñacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
OS NOSOS 🩵🤍 🆚 Atlético Coruña Montañeros 📸 Nacho Castaño #atléticocoruñacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.