A SD Compostela acorda o cesamento de Manel Menéndez

15 de Outubro de 2023
Manel Menéndez, adestrador do Compos, no partido contra o Ourense. Foto: Jesús Figueroa
  • O club tamén acordou o cesamento de Cardeñosa e Pablo Fernández como segundo adestrador e preparador físico

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2023

A Sociedade Deportiva Compostela acordou esta tarde o cesamento de Manel Menéndez como adestrador do Compos. O club tomou a decisión tralos malos resultados deste inicio ligueiro na Segunda RFEF.

Así mesmo, o club tamén acordou o cesamento de José Manuel Rodríguez ‘Cardeñosa’ como segundo adestrador, así como o de Pablo Fernández como preparador físico.

A SD Compostela quere agradecer a Manel, Carde e Pablo o seu compromiso, traballo e dedicación polo ben do equipo desde o banco. Ademais, deséxalles moita sorte para o seu futuro.

 

Antón Permuy e Dani Gesto adestrarán mañá ao Compos

A SD Compostela xa traballa na procura dun substituto que tome o mando do banco do Compos.

Mentres tanto, de forma interina, Antón Permuy y Dani Gesto, primeiro e segundo adestrador do Xuvenil A da SD Compostela, serán os encargados de dirixir o adestramento de mañá luns.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

4 days ago

SD Compostela
🙌 UN DOS NOSOS 🩵🤍💪 Samu Rodríguez renova ata 2026👉 O capitán e #JugadorCincoEstrellas desta tempada chegará ás 10 tempadas como branquiazul Samuel Rodriguez Noya 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/2024/05/23/un-puntal-para-el-compos-samu-rodriguez-dos-anos-mas-de-blanquiazul/#samu2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
🩵🤍 Grazas, Pato!🎙️ Rolda de prensa de despedida do porteiro tras seis tempadas defendendo a portería branquiazul 🧤🤝 Sempre un dos nosos! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
⚽️ Semana de adestramentos👉 O equipo inicia unha nova semana con catro sesións previstas, todas elas no campo do Sergas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.