Jorge Sálamo, convocado coa Selección Española Sub17

17 de Outubro de 2023
Jorge Sálamo, adestrando coa SD Compostela
Jorge Sálamo coa SD Compostela
Jorge Sálamo no amigable do primeiro equipo contra o RC Celta
  • Jorge Sálamo disputará con España un torneo de clasificación para o Campionato de Europa

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2023

Un premio máis que merecido a un traballo sensacional. Jorge Sálamo Candal, do Xuvenil A da SD Compostela, foi convocado coa Selección Española Sub-17 para o minitorneo de clasificación do Campionato de Europa, que se disputará do 22 de outubro ao 1 de novembro en Malta.

O gran rendemento mostrado por Jorge Sálamo neste inicio de competición, así como a súa evolución nestes últimos anos, chamou a atención dos técnicos da Selección para contar con el neste torneo. Unha chamada e unha convocatoria que tamén son históricas para a Sociedade Deportiva Compostela.

Cabe destacar que Jorge Sálamo, a pesar de ser xuvenil de primeiro ano, é unha das pezas destacadas da defensa do Xuvenil A da SD Compostela. Xogou coma titular as sete xornadas que se levan disputadas na División de Honra, mostrando un gran nivel, posto que o Compos é o equipo menos goleado do Grupo 1. Esta faceta é clave para estar no liderado da liga, compartido co RC Celta, con 19 puntos de 21 posibles.

Ademais, Jorge Sálamo, desde o inicio da pretempada, atópase en dinámica do primeiro equipo da SD Compostela. Realizou toda a preparación estival co Compos, participou nos partidos amigables, debutando con 15 anos, e segue adestrando diariamente co equipo de Segunda RFEF.

Por todo iso, a chamada da Selección Española Sub17 é un premio máis que merecido. Agora poderá gozar dunha experiencia única na que, estamos seguros, seguirá demostrando o seu gran nivel.

No Torneo de Malta, Jorge Sálamo competirá con España contra as seleccións de Malta (25.10), Macedonia do Norte (28.10) e Eslovaquia (31.10).

Parabéns e moita sorte, Jorge!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo🏟️ Comeza a semana para preparar a visita a Coruña#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos estreou a marcadora de vitoria na segunda volta, consolidando o seu liderado, tras superar por 2⃣-1⃣ ao Céltiga F.C no Vero Boquete 👉 sdcompostela.com/gl/2026/02/15/compos-vitoria-segunda-volta/ 📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-1️⃣ Céltiga F.C ⚽️ Armental | ⚽️ ParaparE CHEGOU O AGARDADO TRIUNFO NA CASA, PRIMEIRO DA 2ª VOLTA 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍TRES PUNTOS MOI IMPORTANTES PARA CONSOLIDAR O LIDERADO 💪💪💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeSeguimos ata o final! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.