O Compos cae en Langreo pola mínima

5 de Novembro de 2023
Once da SD Compostela contra o Langreo
  • O Compos perdeu 1-0 ante o Langreo, nun duelo moi pechado que se decidiu nun polémico córner

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2023

A SD Compostela de Michel Alonso caeu por primeira vez na liga en Langreo. Os nosos perderon 1-0 contra os locais, nun partido moi pechado que se decidiu nun polémico córner na recta final.

Despois de sumar dúas vitorias consecutivas en liga e rozar o empate contra o Tenerife en Copa, a SD Compostela chegaba a Langreo co obxectivo de darlle continuidade ao seu bo momento. Contra un rival aínda invicto no seu feudo, o Compos quería lograr o terceiro triunfo consecutivo con Michel Alonso no banco.

Para lograr o seu obxectivo, o técnico compostelanista deu continuidade ao once e á formación do domingo pasado no Vero Boquete. A única novidade era Pep Caballé, que regresaba ao carril dereito por Jaime Santos.

Co plan de dominar nun campo de artificial, o Compos, como nas últimas semanas, saíu a levar a pelota. Custaba polo estado gastado do feudo langreano, aínda que da man de Antón e Jordan, atopábanse os espazos.

Pola súa banda, os locais, cun estilo máis directo, tentaban levar o perigo a partir de segundas xogadas.

Dous estilos diferentes, pero os minutos corrían sen que os ataques conseguisen imporse ás defensas. Ambos tiveron opcións na primeira media hora, aínda que sen demasiada claridade. Un centro no que Manu Barreiro reclamou penalti e que Samu Araujo, a seguir, mandou fóra por pouco, por unha banda; e un disparo arriba de Iago Novo tras un pase atrás; foron as opcións máis destacadas.

Por iso, nese inicio de partido, o máis destacable foron os cambios obrigados en ambas defensas por lesión. En clave compostelanista, tivo que entrar Kike, que xa xogara en Copa, polo capitán Álvaro Casas.

Na recta final, ambos equipos tentaron estirarse, pero tampouco houbo opcións claras de gol. Tan só un remate de cabeza de Manu Barreiro, nun córner, que atrapou na liña Adrián Torre; e unha xogada combinada dos locais, na que Pato estivo moi atento para saír ao corte.

Por este motivo, sen opcións de claridade en ambas partes do campo, chegouse ao intermedio coa igualada inicial, 0-0.

Á volta dos vestiarios, Michel Alonso buscou revolucionar ao equipo coa entrada de Fer Beltrán e Jaime Santos. Axitou a árbore, dando máis peso ao centro do campo, aínda que a contenda seguiu polo mesmo camiño.

En todo caso, o técnico tivo que volver realizar outro cambio obrigado aos vinte minutos da continuación, despois de que Soto tivese que retirarse con problemas físicos. Entrou Hugo Matos por el e volveuse ao esquema orixinal, con tres atacantes.

E nada máis entrar o atacante compostelán, o Compos tivo a máis clara de todo o partido. Un saque de banda en longo de Juampa, que peiteou Manu Barreiro e que Fer Beltrán, na área pequena, mandou fóra por moi pouco.

Íanse consumindo os minutos e parecía que a contenda se encamiñaba ao empate. Con todo, os locais atoparíanse cun premio inesperado no 81. Nun córner moi protestado polo Compos, que pediu saque de porta, Keko Hevia adiantaba ao Langreo. O defensa rematou de cabeza ao fondo das mallas, 1-0.

Quedaban dez minutos para reaccionar e os nosos tentárono. Probárono por arriba e de lonxe, tendo a máis clara Hugo Matos, pero o seu disparo, tras tocar nun defensa, marchouse ao limbo.

Por tanto, sen fortuna para atopar o gol, o partido terminou con 1-0 para o Langreo. Primeira derrota da era Michel Alonso no banco do Compos. Os nosos traballarán duro esta semana para recuperar a senda da vitoria contra o Cayón, un gran duelo que se xogará no Vero Boquete.

FICHA TÉCNICA

1 – UP LANGREO: Adrián Torre; Nacho López, David Fernández, Keko Hevia, Dani Hernández (Gabri Rabanillo, m.23); Luis Sánchez (Kisun, m.85), Joselu Guerra, Juan López, Ángel Sánchez (Steven, m.77); Iago Novo e Nané (Imad, m.77).

0 – SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Pep Caballé (Jaime Santos, m.46), David Soto (Hugo Matos, m.66), Álvaro Casas (Kike, m.10), Euse, Samu Araujo (Fer Beltrán, m.46); Antón de Vicente; Parapar, Jordan, Juampa; e Manu Barreiro.

GOLES: 1-0: Keko Hevia, min.81.

ÁRBITRO: Ruiz Martín (Madrid). Expulsou a Nacho López (m.88) con vermella directa. Ademais, amonestou a Imad, polo Langreo; e a Pep Caballé, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio Ganzábal (Langreo). Xornada 10 do Grupo 1 da Segunda RFEF.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨Hugo Matos, traspasado ao C.D. Numancia de SoriaGrazas polo teu traballo e esforzo durante todos estes anos e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Goris promociona ao primeiro equipo dende o Sigüeiro FC - ED Xuventude Oroso🤝 O mediocentro da Canteira Picheleira, que xa debutara co Compos, firma por unha tempada𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/18/goris-promociona-compos-25-26/#goris2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Parapar está de volta!🤝 O extremo coruñés regresa ao Compos para ser un puñal pola banda do Vero Boquete e acadar o ascenso𝐏𝐚𝐫𝐚𝐩𝐚𝐫 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/17/parapar-maxia-fichaxe-sd-compostela/#benvidoparapar ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚Manu Barreiro non continuará na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo teu compromiso e traballo, Manu; e moita sorte para o teu futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Rodríguez, polivalencia, xuventude e talento para a liña defensiva do Compos🤝 O defensa, que pode actuar como lateral ou central, ocupa ficha sub23 e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐑𝐨𝐝𝐫𝐢𝐠𝐮𝐞𝐳 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/16/diego-rodriguez-fichaxe-compos/#benvidodiegorodríguez ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.