Michel Alonso: “O Compostela ten que ser un equipo que domine en casa, que se note quen xoga de local”

10 de Novembro de 2023
Juan Francisco Vázquez, xerente-administrador de Ferrecal, e Michel Alonso
  • A SD Compostela quere recuperar contra o Cayón a senda da vitoria na casa e para iso necesita o apoio dos seus

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2023

A SD Compostela encaixou o domingo pasado a primeira derrota na liga desde que Michel Alonso tomou as rendas do banco. Encaixado o golpe e coa mente renovada, os nosos afrontan este domingo un novo reto. O Compos medirase ao CD Cayón, ás 19.00 horas no Vero Boquete, un duelo na casa, que patrocina Ferrecal, moi importante para escalar postos na táboa.

Michel Alonso, nas súas primeiras semanas no cargo, renovou a cara do equipo. Viuse un conxunto máis alegre, con maior presencia en campo rival e con maior pegada. Esa gran imaxe, constatada polo público nos encontros disputados no Vero Boquete, é a que espera repetir esta finde. Facelo será clave para sumar os tres puntos.

 

Rolda de prensa de Michel Alonso.

Estado físico do plantel.

Estamos nunha semana, nese aspecto, complicada. Temos algúns xogadores que neste momento aínda son dúbida e imos necesitar esgotar os adestramentos para saber con quen podemos contar. Queda unha sesión, mañá, que será importante para algún xogador en dúbida. É probable que poidan chegar, pero necesitamos que se proben mañá para saber exactamente con quen podemos contar.

Agora mesmo están descartados Fran López, Riki Mangana e David Soto. Pola súa banda, os xogadores en dúbidas son Álvaro Casas, Manu Barreiro, Pablo Antas, Samu Araujo e Antón de Vicente.

Riki Mangana

Riki Mangana xa fixo algo co grupo e a idea é que se reincorpore progresivamente a semana que vén, para que entre en convocatoria xa a semana próxima.

Fran López.

Tivo unha microrotura, pero é un caso complicado, porque vén de tempo inactivo e temos que ser cautos e agardar.

Derrota en Langreo.

Falamos o luns, entre todos, do partido. Como comentei alí, a semana fíxosenos longa, sobre todo a nivel físico. Agora é unha semana complicada, porque hai moitos xogadores entre algodóns, pero no que respecta a como encaixou a derrota o equipo, foi con dor, porque sempre ten que doer, pero iso dura 24 horas, igual que a alegría cando se gaña. Fixemos unha boa semana de adestramentos.

A clasificación do Cayón, unha alerta.

O equipo, pola situación na que estamos e por como empezamos a liga, non podemos mirar por encima do ombreiro a ninguén, non estamos nesa disposición. O Cayón é un rival moi complicado, só hai que ver os seus resultados. Non perdeu ningún partido por máis dun gol, compite todos os partidos e xa vimos as imaxes que o demostran.

Iso si, temos que saber que o Compostela na casa ten que ser un equipo dominador, veña quen veña. Aquí temos que ser un equipo que domine e que se note quen xoga na casa.

Xogar con tres centrais.

Creo que a esta hora aínda é posible. Se non temos un central, terei que inventar outro, pero máis de aí non. Se dá para facelo, é unha opción. A esta hora, se chega Casas, hai opción, porque teriamos tres e non hai que inventar nada. Outra opción sería Antón, que xa xogou aí o outro día. E se non temos tres centrais, xogaremos con dous.

Estilo de xogo do Cayón.

O Cayón ten un dianteiro, Cañizo, que é a súa referencia para o xogo directo. Cando ten que atacar faino máis directo que combinado. Pode facer dano en transición, porque as perdas castígaas. E a balón parado ten moito nivel, porque ten xente grande e física, polo que temos que estar moi atentos por aí, neste partido mesmo máis.

Goles encaixados de cabeza.

Preocúpame e ocúpame para que non volva suceder. Son situacións de partido que, aínda que sexas dominador, se iguala todo. En moitos casos, son xogadas definitivas, polo que adestramos para que non volva suceder.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 4🩵🤍 O adestrador do Compos analizou as virtudes do rival, apuntou as claves para poder sumar a vitoria en Eibar e tamén fixo unha reflexión sobre o aspecto mental dos futbolistas#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🔜🎯 #eibarbcompos🗓️ 2 días🙌🧐 Co foco posto nunha nova vitoria📷 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.