Un canteirán está de volta: Roque regresa á SD Compostela

30 de Novembro de 2023
Roque, regresa ao Compos. O canteirán ficha ata final de tempada
  • O lateral, que se incorporará mañá aos adestramentos, firma ata final de campaña

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2023

Un agasallo do Nadal anticipado: Roque González está de volta. O canteirán compotelanista, con ficha sub23, regresa á SD Compostela. O lateral, que asinou esta tarde o seu novo contrato, firma ata final de tempada.

Roque atopábase libre polo que era unha oportunidade de mercado que non desaproveitou o Compos. A SD Compostela faise cos servizos dun xogador moi querido pola afección, un futbolista que o deixou todo no campo defendendo as cores branquiazuis, un reforzo de calidade para a banda e a defensa compostelanista.

Roque incorporarase mañá mesmo aos adestramentos, aínda que a súa inscrición non se poderá producir ata a apertura do mercado de inverno, o próximo 1 de xaneiro. Por tanto, terá un mes para aclimatarse ao equipo e a Michel Alonso.

Destacar que na súa etapa como compostelanista, disputou 62 encontros oficiais co primeiro equipo. A iso, hai que sumar as súas dúas campañas no Xuvenil A, co que logrou o ascenso a División de Honra.

Benvido de novo á túa casa, Roque.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! A desfrutar tras este novo +3️⃣ 😍 #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #llaneracomposValoración do técnico compostelanista trala terceira vitoria seguidaO adestrador do Compos puxo en valor o triunfo e a forma de conseguilo, e xa pon o foco no seguinte obxectivo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALUD Llanera 1️⃣-3️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.) | Antón GuisandePARTIDAZO E OUTROS TRES PUNTOS PARA OS NOSOS 🩵🤍TERCEIRO TRIUNFO SEGUIDO PARA SEGUIR CO GRAN MOMENTO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POR ACOMPAÑARNOS 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUD Llanera 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.)Gran primeira parte dos nosos, dominando o encontro, para marchar ao tempo de lecer en vantaxe#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU UD Llanera 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.