O Compos cae en Cantabria contra o Cayón

26 de Marzo de 2024
Parapar, regateando a dous rivais, no partido contra o Cayón
David Soto disposto a sacar unha falta no encontro do Fernando Astobiza
Escoruela, que actuou no carril da SD Compostela, avanzando co balón no duelo ante o Cayón
  • O Cayón levou os tres puntos tras superar a un Compos que atravesa un mal momento

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2024

A SD Compostela continúa co seu baixón de resultados. Nesta ocasión, os nosos caeron por 4-0 contra o Cayón. Un duelo no que, na primeira metade, a efectividade foi decisiva. O Compos, no que volveron ter minutos os canteiráns Marco Baña e Gonzalo Landeira, gozou de boas oportunidades para marcar, pero non as materializou. Mentres tanto, nas súas dúas opcións, os locais asestaron dous duros golpes a un cadro branquiazul malferido. E, na segunda parte, sentenciaron.

Tras semanas sen poder sumar nin marcar, o Compos agarda poder levantarse da lona este próximo domingo, 31 de marzo, contra o Guijuelo. Con Antón Permuy no banco, os branquiazuis confían en romper coa súa mala dinámica e volver sumar de tres.

FICHA TÉCNICA

4 – CD CAYÓN: Rafa Pedrero; Riki, Gabi, Álvaro Mier, Hitoshi (Saúl Martínez, m.85), Alvarito; David Sanz, Turrado; Jesús Villar (Marcos, m.76), Edu Martínez (Héctor, m.68) e Dani Salas (Larrucea, m.85).

0 – SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Jaime Santos, Roque, Álvaro Casas, David Soto, Escoruela (Manu Ramírez, m.74); Pablo Antas (Antón de Vicente, m.82), Baña (Samu, m.65); Parapar (Hugo Matos, m.65), Juampa (Landeira, m.74) e Manu Barreiro.

GOLES: 1-0: Dani Salas, min.25; 2-0: Jesús Villar, min.40; 3-0: Riki, min.62; 4-0: Larrucea, min.90+2.

ÁRBITRO: Urizar Díaz (País Vasco). Expulsou a Turrado (m.66), do Cayón, por doble amarela. Ademais, amoestou a David Sanz e Hitoshi, polo Cayón; e a Juampa, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio Fernando Astobiza (Cayón). Xornada 28 do Grupo 1 da Segunda RFEF.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🫂⚽️ PANTALLA XIGANTE 👉 Se estás en Santiago, este domingo ás 12:30 anima aos nosos na Quintana🤝 Grazas ao pub La Quintana, e coa autorizacion do Concello, instalamos unha pantalla para sentir o voso alento aos nosos🙌 ENTRE TODOS, A POLO ASCENSO 🩵🤍#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Dende a SD Compostela lamentamos profundamente o pasamento de Maruxa BarralUnha muller que dedicou a súa vida ao Compos, xunto ao do seu marido Chuco BarreiroUnha aperta da familia do Compos a familiares e amigosDEP 🖤 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📢📸️️ SORTEO RETRO PECHADO Parabéns, @guillermesruso 🎉🎉🎉🩵🤍 Moitas grazas a todos por participar e por encher de cor branquiazul as bancadas do Vero Boquete. Sen dúbida, había moita xoia gardada no armario!!! Agora, coa reedición da camiseta oficial de @wearezico agardamos que teñades unha máis que sumar á colección🙌🙌🙌 E TEMOS NOVAS IMPORTANTES... 🙌🙌🙌👉 Proximamente, chegarannos máis unidades desta camiseta especialℹ️ Informaremos cando a teñamos dispoñible na Tenda Oficial#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌🎟️ PROMOCIÓN ENTRADAS BADALONAℹ️ Para os abonados que queirades ir a Badalona, o Compos asume o custe da entrada, previa reserva por mail:📧 sdcompostela@sdcompostela.com👉 Ata o xoves ás 15:00hDatos necesarios:▪️ Nome completo▪️ DNI▪️ Nº de abono📸 Nacho Castaño#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de traballo para a volta da finalísima👉 Xornada para recuperar folgos e comezar a preparar o encontro no Municipal de Badalona💪 Queda un encontro e imos a por todas para acadar o obxectivo#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.