A SD Compostela rememora o seu ascenso a Primeira, 30 anos despois, nos cines das Cancelas

21 de Maio de 20242
Cartel da proxección do partido do ascenso da SD Compostela á Primeira División
  • O sábado 1 de xuño, ás 12.00 horas, o cine das Cancelas emitirá o histórico ascenso de Oviedo

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024

30 anos dun Ascenso de Cine. Tres décadas despois daquel 1 de xuño de 1994 histórico para a SD Compostela e para a cidade de Santiago, os cinemas do Centro Comercial As Cancelas tinguiranse de branquiazul para revivir un partido único que segue moi presente nas retinas dos afeccionados compostelanistas.

Para conmemorar esa fazaña, e coa colaboración do noso patrocinador, o club emitirá o partido íntegro contra o Raio Vallecano nunha das salas do cine das Cancelas. Será, precisamente, o sábado 1 de xuño, ás 12.00 horas, nunha matinal con ambiente doutra época.

O evento, exclusivo para abonados, contará coa presenza de xogadores daquel partido, agasallos e outras sorpresas

Un evento para o recordo, no que volveremos cantar os goles de Ohen e de José coma se estivésemos no Tartiere. Unha cita, exclusiva para os abonados do Compos, coa que lembrar aquel día tan especial que paralizou a capital galega e que acabou da mellor maneira, con ese merecido ascenso grazas a un equipazo de época que estaba comandado por Fernando Castro Santos.

Para iso, e con motivo da emisión do encontro, gozaremos coa presenza dalgún daqueles heroes, convidados especiais a esta proxección. Ademais, haberá agasallos para os asistentes e uns petiscos ao finalizar, un convite no que compartir sensacións, recordos e anécdotas daquel día.

Acceso gratuíto, previa inscrición: INSCRICIÓN AQUÍ

O acceso será gratuíto, previa inscrición, xa que o aforo da sala é limitado. Para inscribirse, habilitamos a seguinte ligazón (solicitarase o número de abonado para completar o proceso): https://app.cluber.es/clubs/64770af75c3ab340920086/pagos/6644ed1dca1c1706204916.

Esperámosvos en As Cancelas!

2 comments

  • Rebeca Dieguez Ares

    22 de Maio de 2024 at 11:34

    No va el enlace para inscribirse a o ascenso de cine

    • SD Compostela

      22 de Maio de 2024 at 17:03

      Xa está solucionado

Comments are closed.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Viveiro CF ⚽️ Previa do noso adestrador antes do partido deste domingo ás 18:00 horas no Vero Boquete. Será a estrea dos nosos na casa neste 2026#composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🆕🏠🩵🤍⚽️ David Rosón xa completou os seus primeiros adestramentos como novo xogador do Compos😃 Moitas gañas de verte debutar na túa nova casa 📸 Nacho Castaño#benvidorosón ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎟️🩵🤍🗓️ Lembra que o Abono da 2ª Volta inclúe tamén o partido ante o Viveiro🫂 Abónate esta semana e apoia aos nosos no encontro deste domingoNa Oficina, Tenda ou Web 🙌📲 sdcompostela.compralaentrada.com#100x100picheleiro🎟️🩵🤍 En marcha a Campaña de Abonos "100% Picheleiro" para a 2ª Volta🎫Apoia aos nosos nesta segunda volta para acadar o obxectivo!🤝 Abónate na Tenda ou na Web📲 sdcompostela.compralaentrada.com +ℹ️ sdcompostela.com/gl/2025/12/22/campana-de-abonos-segunda-volta/#100x100Picheleiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Un día coma hoxe, hai 30 anos, a SD Compostela proclamábase subcampión de inverno da mellor liga do mundo! 🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo pechamos a primeira volta na nosa casa🤝 Partido patrocinado por Deltacargo SL⚽️ 𝐗𝟏𝟕🆚 Viveiro CF🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Cada abonado pode retirar 1 invitación gratuíta📲 Só online! 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.