Roque, un ano máis de branquiazul

21 de Xuño de 2024
  • Roque renova a súa vinculación coa SD Compostela ata 2025

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

Roque González Delgado (Ames, 09/07/2002) seguirá un ano máis vestido de branquiazul. O canteirán da SD Compostela cumprirá a súa quinta campaña no Compos, cuarta co primeiro equipo, despois de ampliar a súa vinculación co club por un ano máis, ata xuño de 2025.

Deste xeito, o Compos seguirá contando cun xogador da casa, un canteirán ao que coñece moi ben o corpo técnico e que asegura compromiso, traballo duro e un gran potencial futbolístico.

Nesta liña, trala súa volta no pasado mercado invernal, Roque rapidamente recuperou sensacións e asentouse no once titular do Compos. Estivo tan só medio ano, pero nel puido disputar 16 encontros, 11 deles como titular, para superar os 1.000 minutos no verde. Ademais, demostrou o seu crecemento no xogo, realizando grandes actuacións tanto de lateral como de central.

Coa camiseta branquiazul, ademais da súa tempada no Xuvenil A, suma xa 78 partidos oficiais co primeiro equipo, cifras que seguirá incrementando a próxima campaña, na que agardar darlle moitas alegrías á afección.

Ledos de seguir contando contigo, Roque.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.