Jesús Ocaña, un reforzo de luxo para a banda da SD Compostela

10 de Xullo de 2024
  • Jesús Ocaña, polivalente defensa zurdo, vén de ser peza fundamental do Navalcarnero e do Sanse

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2024

Jesús Ocaña Sánchez (Sanlúcar de Barrameda -Cádiz-, 11/05/1997) é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 2024/25. O polivalente defensa zurdo, de 27 anos, conta con experiencia na Segunda RFEF e chega tras destacar no fútbol madrileño nos dous últimos anos, disputando senllos playoffs de ascenso. Firma por unha campaña, con opción a outra máis.

Jesús Ocaña é un futbolista zurdo que, polas súas características, pode actuar tanto de lateral esquerdo como de central ou mesmo de extremo. A súa potencia e velocidade permítenlle despregarse por todo o carril esquerdo, destacando tamén pola súa capacidade para chegar a área rival. Un futbolista que abarca moito campo e que brillou alá por onde pasou. Por iso, a dirección deportiva da SD Compostela apostou pola súa incorporación para reforzar ao equipo.

Na última campaña, a nova fichaxe branquiazul foi unha das pezas destacadas da UD Sanse, equipo co que pelexou polo ascenso á Primeira RFEF ata a última eliminatoria, despois de terminar a liga na segunda posición. Tras superar unha lesión no menisco na primeira parte do curso, foi capital para o bo facer do conxunto madrileño, disputando 23 encontros entre a segunda volta e o playoff, todos eles coma titular, incluído os catro duelos da promoción, para superar os 2.000 minutos de xogo. Ademais, neles, anotou un gol e repartiu tres asistencias.

Deste xeito, consolidou as boas prestacións que xa acreditara o curso anterior no Navalcarnero, equipo co que tamén pelexou polo ascenso á Primeira RFEF ata a última eliminatoria. Neste caso, o seu protagonismo foi total, con máis de 3.300 minutos de xogo, repartidos en 38 partidos (33 de liga, 4 de playoff e 1 da Copa do Rey), nos que saíu sempre de inicio. A pesar de actuar como defensa, pechou o ano marcando 5 goles, o último deles na final polo ascenso.

Estes dous grandes anos en equipos madrileños do Grupo V da Segunda RFEF viñeron consolidar o potencial futbolístico do xogador gaditano, formado na canteira do Cádiz. Precisamente, no seu filial, Jesús Ocaña comezou a súa etapa como sénior, arrincando un periplo por diferentes equipos da Terceira División: Los Barrios, Arcos, Mallorca B, Mensajero e Cacereño, logrando o ascenso co cadro estremeño.

Con todo, o seu debut na Segunda RFEF, ao ano seguinte, sería nas filas do Xerez Deportivo, brillando en terras andaluzas. Pechou esa tempada con 32 encontros, máis de 2.500 minutos de xogo e 2 goles marcados.

Con esa ampla bagaxe e o bo facer demostrado nestas últimas campañas na categoría, Jesús Ocaña chega ao Compos con gañas de seguir demostrando todo o seu potencial.

Benvido e moita sorte, Jesús!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos recupera o liderado tras un gran triunfo na Lomba, 0⃣-2⃣, cun Antón Guisande, que firmou un dobrete, estelar🫂 Desprazamento masivo de afeccionados do Compos que non pararon de animar👉 sdcompostela.com/gl/2026/04/12/compos-recupera-liderado-guisande/📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ Valoración do noso adestrador trala gran vitoria na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️⚽️ Antón GuisandeSIIIIII!!!! OS TRES PUNTOS SON NOSOS!!! 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍REGRESAMOS AO LIDERADO!!! GRAZAS AFECCIÓN!!! UNHA VITORIA DE TODOS 🙌🙌🙌📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeTodos xuntos, co voso apoio, seguimos a pola vitoria ata o final! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️⚽️ Antón Guisande📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.