Iago Domínguez, xuventude e poderío para completar a portería do Compos

16 de Xullo de 2024
  • Iago Domínguez, porteiro vigués de 22 anos, chega desde o Mirandés e firma por unha tempada

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2024

Iago Domínguez Rodríguez (Vigo, 22/11/2001) é novo porteiro da SD Compostela para a Tempada 2024/25. O arqueiro galego de 22 anos, con experiencia na Segunda División B, chega desde o filial do Mirandés e firma por unha campaña.

Iago Domínguez é un gardameta moi completo, cun gran xogo de pés e enormes reflexos baixo paus. Canteirán do RC Celta, onde pasou 11 anos, conta cunha gran proxección futbolística, un nivel que o levou a debutar na Segunda B. Ademais, chega coa experiencia de estar a adestrar en dinámica dun equipo de Segunda División.

Por todo iso, a dirección deportiva da SD Compostela decidiu afrontar a súa fichaxe para a Tempada 2024/25, completando unha gran dupla baixo paus xunto a Rabanillo.

A Compostela, Iago Domínguez chega tras dúas tempadas no Mirandés, nas que liderou a portería do filial e foi terceiro porteiro do primeiro equipo. Neles, compaxinou o traballo con ambos conxuntos, adestrando diariamente e sumando máis dunha decena de convocatorias co equipo de Segunda División e disputando 57 partidos, entre ambos anos, na Terceira RFEF.

Anteriormente, Iago creceu na base do Celta, superando categorías desde benxamíns ata o filial, co que debutou na Segunda División B, ademais de estar citado tamén en varios encontros do primeiro equipo en Primeira División. Pechou a súa etapa en Vigo tras once anos na Madroa asinando no Arenteiro, co que debutaría na Segunda RFEF e na Copa do Rei, un curso no que disputou cinco encontros, na que foi a súa última experiencia en Galicia.

Polo tanto, coa súa fichaxe polo Compos, Iago Domínguez regresa á súa terra natal para continuar coa súa proxección futbolística. Con moita ilusión e moitas gañas, mañá xa iniciará a pretempada cos seus novos compañeiros.

Benvido e moita sorte, Iago!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Uzal, novo xogador da SD Compostela🤝 O mediocentro coruñés chega desde Segunda RFEF e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐔𝐳𝐚𝐥 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/17/diego-uzal-sd-compostela-fichaxe/#benvidouzal ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚𝐬Rabanillo e Diego non continuarán na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo vosa dedicación e traballo e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Pablo Antas e a SD Compostela separan os seus camiños⚽️ O mediocentro déixanos un legado de seis tempadas e 152 encontros, cun gol, en Balaídos, que será sempre recordadoMoitísimas grazas por todo, mago!O Compos sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/16/pablo-antas-compos-152-grazas/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 days ago

SD Compostela
Álvaro Casas e a SD Compostela separan os seus camiñosDespedimos a unha lenda do club tras 8 tempadas e 262 partidos! ⚽️Moitísimas grazas por todo, capitán! ©️ O Compos sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/11/alvaro-casas-compos-262-grazas/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Pablo Crespo seguirá un ano máis liderando a defensa da SD Compostela🤝 O central renova por unha tempada, con opción a outra máis, co obxectivo de acadar o ascenso𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐂𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/06/pablo-crespo-renovacion-compos/#pablocrespo2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.