Os pequenos detalles deciden o partido en Soria

1 de Setembro de 2024
Samu dominando o xogo contra o Numancia nos Pajaritos
Rabanillo estivo moi preto de sacar o disparo de Alain Ribeiro, que se coou pola escuadra
Antón Permuy e Dani Gesto, en primeiro plano, no banco dos Pajaritos, dirixindo o partido do Compos contra o Numancia
  • O Compos arrincou a liga caendo contra o Numancia por 2-0

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2024

A SD Compostela arrincou a liga cunha derrota en Soria contra o Numancia por 2-0. Dous chispazos dos locais decidiron un encontro igualado no que os nosos tiveron as súas opcións para rascar algún punto.

Un golazo de Alain Ribeiro, á media hora, e un penalti no último minuto, cando o Compos xa estaba envorcado ao ataque, transformado polo capitán Bonilla, decidiron o partido disputado nos Pajaritos.

Pola súa banda, o Compos non puido materializar as súas chegadas, en especial, dúas accións dos seus carrileiros. Un disparo a queimarroupa de Santi de Prado, que recibiu só no punto de penalti, aínda que non foi quen de superar ao porteiro, que despexou o seu golpeo co pé. E outro tiro cruzado e duro de Manu Rivas, rompendo ao espazo, que sacou o gardameta cunha gran estirada.

Agora, os nosos tentarán recuperar sensacións este domingo, na casa, contra o Pontevedra. Será ás 17.00 horas no Vero Boquete.

FICHA TÉCNICA

2 – CD NUMANCIA: Kudakovskiy; Gexan, De Frutos, Diego Royo, Bonilla; David Sanz (Aitor Seguín, m.61), Moustapha; Sanchidrian (Fabio Conte, m.82), Alain Ribeiro (Jony, m.82), Teijeira (Christian Delgado, m.61); e Dieste (Rementería, m.93).

0 – SD COMPOSTELA: Rabanillo; De Prado, Kike (Pablo Crespo, m.74), David Soto, Roque, Ocaña (Manu Rivas, m.80); Samu, Diego (Óscar Gil, m.80); Landeira (Fer Cano, m.52), Hugo Matos (Giuliano, m.52) e Manu Barreiro.

GOLES: 1-0: Alain Ribeiro, min.29; 2-0: Bonilla (p.), min.94.

ÁRBITRO: Masip Vidal (Lleida). Amoestou a Bonilla e Dieste, polo Numancia; e a Roque, Giuliano e David Soto, polo Compos.

INCIDENCIAS: Novo Estadio Los Pajaritos. Xornada 1 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputada ante 2.223 espectadores.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.